Para a moeda romana e bizantina con valor dun terzo de sólido, ver Tremissis. dereita|miniatura|Triens fundido en Roma, entre 241 e 235 a. de C., do sistema do aes grave. Peso: 107 g. O triens (plural trientes), tamén denominado triente, foi unha moeda da antiga Roma de bronced da época republicana, co valor dun terzo de ás ou catro onzas (unciae).Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Triens (1)" e "Triente"."Triens". En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxina 701.
Caracterización dereita|miniatura|Deseño do triens padrón: Minerva no anverso e proa de navío no reverso, cos catro puntos en ambas as faces O deseño máis común do triens correspóndese coa representación do bust de Minerva e catro puntos grosos (a modo de marca de valor, indicando as catro onzas) no anverso, e unha proa de navío no reverso, xunto co topónimo ROMA."Triens". En Forum Ancient Coins."Triens ". En Online Coins of the Roman Empire.
Nos seus inicios tratábase dunha moeda fundida da serie do aes grave, e produciuse tanto na cidade de Roma como noutras vilas da Italia central que utilizaban este circulante.
A súa produción non foi moi regular nin numerosa e o derradeiro triens emitido data de ca. 89 a. de C."Triens". En Roman bronze coins . www.monete-romane.com
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Roma Moeda etrusca
Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699 Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3 Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305 Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003. Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8
Ligazóns externas
"Triens". En CoinArchives. Sistema monetario na República Romana Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso