Beiralúa é o quinto álbum de estudio da orquestra folk galega SonDeSeu. Componse de dezasete temas máis un bonus track, e foi publicado en maio de 2018.
Tamén contou coa participación de varios músicos convidados: Susana Seivane, Rosa Cedrón, Toño Domínguez, Treixadura e o Cuarteto de Vento Metal Ribeira de Piquín. Este álbum conta coa particularidade de recoller unha obra particularmente creada por Anxo Pintos para a candidatura das illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, titulada "San Martiño". Esta suite foi composta para o espectáculo "O Canto das Illas" e consta de 10 motivos (dende a pista 8 até a 17) inspirados na fauna e contorna da illa de San Martiño, a máis meridional das tres que conforman o arquipélago de Cíes.
Listaxe de cancións
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de SonDeSeu
Categoría:Álbums de SonDeSeu Categoría:Álbums musicais de 2018