Joanna Russ, nada en Nova York o 22 de febreiro de 1937 e finada en Tucson o 29 de abril de 2011, foi unha escritora, académica e feminista radical estadounidense. É a autora de varias obras de ciencia ficción, fantasía e crítica literaria feminista como How to Suppress Women's Writing. A súa obra máis soada é The Female Man, unha novela que combina sátira e ficción utópica, que pode lerse como novela, así como na súa calidade de texto teórico.

Traxectoria Joanna Russ naceu no Bronx, na cidade de Nova York. Os seus pais, Evarett I. e Bertha (nada Zinner) Russ, foron ambos os dous profesores. Comezou a escribir ficción nunha idade moi temperá. A través dos anos, enche os seus cadernos con historias, poemas, banda deseñada e ilustracións, a miúdo encadernadas a man.

Sendo estudante do último ano no Instituto William Howard Taft, Russ foi escollida entre os primeiros dez postos do Westinghouse Science Talent Search. Gradúase na Universidade Cornell, onde estuda con Vladimir Nabokov  en 1957, e obtén un mestrado en Belas Artes na Yale Drama School en 1960. Despois de ensinar en varias universidades, incluíndo Cornell, pasa a ser profesora de tempo completo na Universidade de Washington.

Notas

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Escritores LGTB dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 2011 Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América