Teresa de Lauretis, nada en Boloña o 29 de novembro de 1938 e finada o 2 de febreiro de 2026, foi unha teórica feminista que realizou importantes achegas ós estudos de xénero, queer e cinematográficos, así como á psicanálise. Traducida a máis de dezasete idiomas, de Lauretis foi coñecida internacionalmente por ser autora de influentes libros tales como Alice Doesn't (1984) ou Technologies of Gender (1987), e por acuñar a expresión "queer theory"(1990) para marcar unha descontinuidade radical na epistemoloxía e políticas sexuais feministas-LGBT.Ver Beatriz Preciado, ‘Technologiquement votre’, Actes du colloque Epistémologies du genre: regards d’hier, points de vue d’auhourd’hui (París: Conservatoire National des Arts et Métiers, 23-24 juin 2005) Foi distinguida como profesora emérita pola Universidade de California, Santa Cruz.

Traxectoria De Lauretis foi doutora en linguas e literaturas modernas pola Universidade de Bocconi (Milán-Italia). En 1985 ingresou como docente de posgrao no prestixioso departamento de historia da conciencia na Universidade de California-Santa Cruz, integrando o staff xunto a Hayden White, Donna Haraway, Angela Davis e James Clifford.

Foi profesora visitante en universidades do Canadá, Alemaña, Italia, Suecia, Austria, Croacia, Francia, España, México, os Países Baixos, Polonia, a Arxentina, Chile así como de varias pertencentes ós Estados Unidos, entre outras.

Recoñecementos Obtivo o Doutoramento Honoris Causa pola Universidade de Lund e a Universidade Nacional de Córdoba, entre outros recoñecementos e distincións universitarias. En 2010, obtivo o Distinguished Career Award pola Society for Cinema and Media Studies.Citado en http://www.cmstudies.org/

Notas

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Boloña Categoría:Profesores da Universidade de Wisconsin–Madison Categoría:Finados en 2026