Diego da Silva Costa, nado en Lagarto (Brasil) o 7 de outubro de 1988, coñecido como Diego Costa, é un ex-futbolista de orixe brasileira. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección brasileira e española.

Traxectoria Co Atlético de Madrid proclamouse campión da Supercopa de Europa en 2010 e 2012, da Copa do Rei en 2013 e da liga BBVA en 2014. É o xogador que máis goles anotou co club atlético nunha única edición da Copa de Europa con 8 tantos empatado con Vavá.

As súas actuacións co Atlético de Madrid durante a tempada 2013-14 leváronlle a debutar coa Selección brasileira o 21 de marzo de 2013 e disputar dous amigables. Ao non disputar ningún partido oficial coa selección brasileira e ter a nacionalidade española debutou coa Selección española de fútbol en 2014 e disputou o Mundial do Brasil ese mesmo ano.

Co Chelsea proclamouse campión da Premier League e da Copa da liga en 2015.

Notas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no estado de Sergipe Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Xogadores do SC Braga Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Gañadores do Trofeo Zarra