Astrofizika, tamén coñecido como Kosmos 1066, foi un satélite artificial soviético lanzado o 23 de decembro de 1978 mediante un foguete Vostok 8A92M desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características A misión de Astrofizika non está clara, aínda que parece que estaría relacionada con estudos xeodésicos usando láseres desde terra. Foi construído usando o bus Meteor e funcionou aparentemente durante dous anos. Como sistema de propulsión en órbita usaba un motor iónico SPT-50.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Vostok 8A92M
Categoría:Satélites artificiais