Raíces profundas (en ) é un western estadounidense de 1953, producido e dirixido por George Stevens. O guión é de A.B. Guthrie Jr., adaptado da novela de Jack Schaefer de 1949. A súa fotografía, gañadora do Óscar é de Loyal Griggs. O filme está protagonizado por Alan Ladd e Jean Arthur, para a que foi a última (e única en cor) longametraxe da súa carreira.

O American Film Institute incluíu Raíces profundas na súa lista dos mellores filmes estadounidenses en 1998 no 69.º lugar e novamente en 2007 no 45.º posto.

Foi emitido na TVG o 16 de marzo de 2001.Programación

Argumento O filme conta a historia do misterioso pistoleiro Shane, que acaba de chegar a unha rexión de asentamentos nun val de Wyoming. Os colonos luitan polos seus dereitos contra os grandes criadores de gando, que controlan a maior parte da terra, e Shane involúcrase no conflito.

Shane, que quere mudar de vida, acepta traballar na pequena facenda de Starret, sentíndose atraído pola súa dona, Marian. O fillo de Starret, Joey, interésase por Shane e descobre o cinto cunha pistola que o cowboy agachara. O rapaz asómbrase cando Shane lle amosa a súa habilidade coas armas e convértese nun ídolo para Joey.

A tensión entre as faccións en conflito aumenta cando Ryker, o facendeiro máis poderoso da rexión, contrata o temíbel pistoleiro Jack Wilson para facer presión sobre os propietarios dos sitios.

Elenco

Alan Ladd como Shane Jean Arthur como Marian Starrett Van Heflin como Joe Starrett Brandon deWilde como Joey Starrett Jack Palance (acreditado como Walter Jack Palance) como Jack Wilson Ben Johnson como Chris Calloway Edgar Buchanan como Fred Lewis Emile Meyer como Rufus Ryker Elisha Cook Jr. como Frank "Stonewall" Torrey Douglas Spencer como Axel 'Swede' Shipstead John Dierkes como Morgan Ryker Ellen Corby como Sra. Liz Torrey Paul McVey como Sam Grafton John Miller como Will Atkey, o servidor do bar Edith Evanson como Sra. Shipstead Leonard Strong como Ernie Wright Nancy Kulp como Sra. Howells

Notas

Véxase tamén

Bibliografía CD-ROM.

Categoría:Filmes de 1953 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes baseados en obras de escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Wyoming Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1953 con versión en galego