Alberto Garaizábal Macazaga, nado en Donostia o 7 de decembro de 1875 e finado na Coruña o 13 de decembro de 1947, foi un músico, director, profesor e compositor vasco,Diccionario de la música española e hispanoamericana. Vol. 5. Sociedad General de Autores y Editores, p. 372. residente en Galicia dende 1914.
Traxectoria Garaizábal realizou estudos de piano, órgano, harmonía e composición con Bonifacio de Etxeberria, primeiro no Conservatorio de San Sebastián e, máis tarde, como axudante do seu mestre co órgano da igrexa de San Vicente. Desde 1895 e ata 1914 foi organista da igrexa parroquial de Zumarraga. En 1914 logrou a praza de organista na igrexa do Sagrado Corazón da Coruña. Na Coruña dedicouse tamén ao ensino privado pero a partir de 1933 foi director da agrupación de instrumentos de arco da a Sociedade Filharmónica da Coruña, que Garaizábal transformou na Orquestra Filharmónica Coruñesa. Ademais o seu labor foi fundamental para a constitución en 1935Xoán Manuel Carreira "Alberto Garaizábal Macazaga (1875-1947) y la vida musical de A Coruña" Musiker: Cuadernos de música, ISSN 1137-4470, Nº. 4, 1988, páx. 193-229 do Conservatorio, converténdose Garaizábal no seu primeiro director.
Obra Garaizábal realizou para a súa orquestra un gran número de adaptacións de obras do repertorio da época. Así e todo, a maior parte da súa produción orixinal está dedicada ao culto relixioso e amosa un absoluto respecto polas normas litúrxicas do momento. Os seus traballos para órgano expresan unha gran modernidade na súa textura, procedente da influencia do repertorio dos vangardistas franceses. Tamén salientan as súas obras corais en galego.
Música sinfónica
Himno gallego Preludio-cancion
Música para coro e orquestra
Ecce Sacerdos Magnus Himno para la coronación de la Virgen de los Dolores Lacrymosa Miserere O vos omnes
Música para coro e órgano
Angelus Dominio Ave Maria Himno al trabajo Francisco de Asís Madre del alma Plegaria a la Virgen del Carmen Villancico al Niño Dios
Música para coro
Alalá de Triscastela Foliada de Calara Os meus pensamentos Villancico gallego
Música para voz e órgano
Bendita sea tu pureza Himno de las congregaciones marianas
Música para órgano
Andante Communio Ofertorio
Música para piano
Fandango Gavota Minueto Valtz brillante
Notas
Categoría:Nados en 1875 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Finados en 1947 Categoría:Organistas Categoría:Compositores do País Vasco Categoría:Directores de orquestra de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes