Gonzalo de Vigo (Gonçalo de Vigo), foi un mariño galego do século XVI."Gonzalo de Vigo, el robinson gallego", Faro de Vigo, 11 de setembro de 2013 . Participou na expedición de Fernão de Magalhães da que desertou nas illas Marianas onde viviu cinco anos cos indíxenas.Gonzalo de Vigo, o primeiro ‘robinsón’ do Pacífico

Historia miniatura|esquerda|Nao Victoria. Detalle nun mapa de Abraham Ortelius (1590). Nado en Vigo, en data descoñecida, como Gonzalo Álvarez Martínez, fillo de Rodrigo Álvarez e de Isabel Martínez. Identificado por el mesmo como galego. Saíu de Sanlúcar de Barrameda o 10 de agosto de 1519 na expedición de Magalhães. Das cinco naves que saíron de España só dúas chegaron ás Molucas, a nao Victoria e a Trinidad na que ía Gonzalo. A Trinidad ao mando de Gonzalo Gómez de Espinosa sufriu unha grande avaría polo que tentaron regresar a América. As tempestades e a fame levaron a nave á illa dos Ladróns (Illas Marianas), en agosto de 1522 desertou na illa de Maug xunto con dous portugueses que serían asasinados polos indíxenas. Alí pasou cinco anos vivindo con indíxenas e aprendendo o seu idioma e costumes. O 5 de setembro de 1526 a Expedición de García Jofre de Loaísa recalou na illa de Guam.

Gonzalo de Vigo pediu Seguro Real (perdón e amnistía) que lle foi concedido pola súa axuda e continuou viaxe coa expedición á illa de Maluco. O 10 de decembro de 1533 na illa Gilolo fixo de mediador cos nativos da illa, españois e portugueses. En 1536 a expedición chegou a Lisboa na única nao que quedaba comandada por Urdaneta. Non se sabe se volveu coa expedición a España.

Recoñecementos O porto de Vigo adicoulle unha escultura de José Molares.Una escultura del robinsón Gonzalo de Vigo encabezará la humanización de Portocultura A escultura foi criticada polos erros históricos no armamento. O trabuco é douscentos anos posterior ao protagonista e a espada cincocentos anos anterior.Escultura de Gonzalo de Vigo. Primeras impresiones

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Viages al Maluco.El comendador Fr García de Loaisa: El de Álvaro de Saavedra, 1837

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Exploradores