Disiclín é unha empresa galega adicada á produción de produtos de limpeza que foi creada por Avelino Ángel Ramos López.
Historia A empresa foi fundada en Silleda en 1992, por unha familia de emigrantes retornados da República Dominicana. Fíxose coñecida na década de 1990 por anuncios en televisión. Entón os limpadores para o fogar eran con recendo a piñeiro e amoníaco. Vende principalmente en Galiza e norte de Portugal.
Notas
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Silleda Categoría:Empresas fundadas en 1992