Tirso Timoteo Rodrigáñez y Mateo Sagasta, nado en Logroño o 24 de xaneiro de 1853 e finado en Madrid o 2 de agosto de 1935, foi un avogado, xornalista e político español. Durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, e durante o reinado de Afonso XIII, foi ministro de Facenda.
Traxectoria Era sobriño do presidente do Goberno e fundador do Partido Liberal, Práxedes Mateo Sagasta. Despois de estudar Dereito na Universidade Central de Madrid, comezou a súa carreira profesional como avogado ao mesmo tempo que desenvolveu a súa actividade profesional no xornal liberal La Iberia, do que foi director entre 1876 e 1883. En 1883, casou con María Sánchez-Guerra Martínez, filla de José Sánchez Guerra Martínez.
Nas eleccións xerais de 1881, foi elixido deputado no Congreso por Logroño, polo partido Liberal.Ficha no Congreso dos Deputados Ao non conseguir revalida-la acta de deputado nas vindeiras eleccións, presentouse polo distrito de Arnedo ao que representou nas eleccións entre 1886 e 1903. Finalmente,1905, foi elixido senador vitalicioExpediente personal del Senador vitalicio D. Tirso Rodrígañez y Sagasta até 1923, cando se produciu o golpe de estado de Primo de Rivera.
Cargos políticos Foi presidente interino do Congreso dos Deputados entre o 28 de xuño e o 2 de xullo de 1901. Foi ministro de Facenda entre o 19 de marzo e o 15 de novembro de 1902 nos gobernos presididos por Sagasta que pechaban a fase da rexencia de María Cristina e comezaban a do reinado de Afonso XIII. Máis tarde, volveu ocupar esa carteira, entre o 3 de abril de 1911 e o 12 de marzo de 1912, no goberno presidido por José Canalejas y Méndez.Rull (1991), p. 168
Tamén foi subsecretario do Ultramar e Gobernación e foi gobernador do Banco de España en tres ocasións (entre 1910 e 1911, entre 1917 e 1919, e, finalmente, en 1923).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España
Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Logroño Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Políticos do Partido Liberal (España) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid