Manuel Jesús Precedo Lafuente, nado en Anceis (Cambre) o 30 de marzo de 1925 e finado en Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 2011, foi un relixioso galego, cóengo e deán da Catedral de Santiago de Compostela e escritor en lingua galega e lingua castelá.

Traxectoria Foi defensor da introdución da lingua galega no ámbito eclesiástico e colaborou coa Sagra Biblia en galego (1975, Editorial de los Bibliófilos Gallegos), de Manuel Casado Nieto. Tamén participou na tradución ao galego do Misal romano.

Obra publicada Guía del peregrino, 1971, Junta Central del Año Santo Compostelano. Santiago el mayor, patrón de España: vida y culto, 1985, Arcebispado, ISBN 84-398-5082-4. Algunhas historias, persoas e tradicións galegas, 1992, Fundación Alfredo Brañas, ISBN 84-88051-16-6. Santiago y su catedral, 1992, n.º 52 da Biblioteca 114. ISBN 84-85553-61-6 Catedral de Santiago de Compostela: guía de visita rápida, 1993, Aldeasa, ISBN 84-8003-005-4. Catedral de Santiago de Compostela: guía de visita, 1998, Aldeasa, ISBN 84-8003-121-2. Santiago El Mayor y Compostela: un apóstol, una ciudad, unos caminos, 1999, Aldeasa, ISBN 84-8003-118-2. Catedral de Santiago de Compostela, 2002, Aldeasa. ISBN 84-8003-352-5.

Recoñecementos No ano 1991 a Xunta de Galicia outorgoulle a Medalla de Prata de Galicia.Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas , Isaac (24/10/2010) "Santiago de Compostela, la Catedral y Precedo Lafuente" Crónicas de la Emigración .

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cambre Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enciclopedistas de Galicia