Den danske dikteren é unha curtametraxe de animación de 2006 escrita, dirixida e animada por Torill Kove e narrada por Liv Ullmann. Kove explora o papel da oportunidade na vida das persoas ó contar a historia de Kaspar Jørgensen, un poeta dinamarqués que viaxa cara a Noruega na busca da inspiración.

Trátase dunha coprodución entre o National Film Board of Canada (NFB) e Mikrofilm AS de Noruega, e gañou o Oscar e o Genie á mellor curtametraxe animada.

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes dirixidos por Torill Kove Categoría:Filmes ambientados en Noruega Categoría:Filmes ambientados en Copenhage