miniatura|320px|Dobre sestercio de Traxano Decio (249-251). Anverso: busto do emperador con coroa de raios; IMP C M Q TRAIANVS DECIVS AVG. Reverso: a deusa Felicitas en pé, sostendo caduceo e cornucopia; FELICITAS SAECVLI S-C. O dobre sestercio foi unha moeda da Antiga Roma de gran tamaño, cuñada nun tipo de latón chamado oricalco, aparecida en tempos do Imperio ca. 249-251, no reinado de Traxano Decio, como resposta ás presións inflacionarias da época, que desvalorizaran o sestercio tradicional."Doble sestercio". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com.Sellars, I. (2013). "Trajan Decius. 249-251 AD". Páxinas 278-282.

Historia En realidade, a nova moeda nova era pouco máis grande que o sestercio estándar, o cal, en consecuencia, se cuñou con menos peso e dimensións có orixinal.

Simultanemente aos dobres sertercios cuñados por Taxano Decio, apareceron outros emitidos a nome da súa esposa, Herenia Etruscila, en cuxos anversos aparece o busto diademado da emperatriz.Herennia Etruscilla AE Double Sestertius. RIC 136a, Cohen 21.

miniatura|160px|Anverso dun dobre sestercio do emperador usurpador Póstumo (259-268), cuñado en Colonia en 261. Diámetro: 34 mm. Peso: 20,76 g. Este dobre sestercio naceu con pouco éxito e caeu axiña en desuso, aínda que foi recuperada polo emperador rebelde Póstumo (259-268), gobernador dun imperio secesionista que abranguía as Illas Británicas, a Galia e partes da Xermania, e que perseguía instituír un sistema monetario reformado. Póstumo emitiu a súa propia versión do dobre sestercio, para o que en ocasións recorreu a sestercios tradicionais moi gastados polo uso, nos que reestampou o seu busto e as súas propias lendas, probablemente debido á escaseza de metal."Double sestertius". En Forum Ancient Coins.Vagi, David L. (2001). "Double sestertius".Sánchez, D. "El doble sestercio de Decio: un experimento fracasado en la lucha contra la inflación". En Monedas Antiguas. Un blog numismático. 2011.

Unha das características destas moedas consiste en que o busto do emperador aparece cunha coroa radiada (e cun diadema as emperatrices), o que era un indicativo do dobre valor da moeda, do mesmo modo que sucedía no caso dos dupondios ou "dobres ases", os antoninianos de billón ou "dobres denarios" e os dobres áureos."Cabezas coronadas: corona radiada ". En Edouardlouvet: Monedas Romanas

Despois dese reinado, o sistema monetario romano sufriu unha grande dexeneración, ata o punto de que non quedou en circulación máis que o antoniniano. O resto das moedas que se usaran anteriormente (entre elas o dobre sestercio) deixaron de usarse e foron fundidas novamente, para utilizar o metal na cuñaxe de novos antoninianos.Lukács, B. "On the continuous devaluation of the roman currency ".Sear, D. R. (2005). Páxina 21 e seguintes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Roma Imperio Romano

Bibliografía Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699 Callu, Jean-Pierre. La politique monétaire des empereurs romains de 235 à 311. Éditions E. De Boccard. París, 1969. Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley. 1985. ISBN 0-520-05506-3. Depeyrot, Georges. Le Bas Empire romain, économie et numismatique (284-491). Edition Errance, 1987. ISBN 2903442401 Sear, D. R. Roman Coins and Their Values Volume III The Third Century Crisis and Recovery AD 235-285. Spink & Son Ltd. 2005. Sellars, I. The Monetary System of the Romans. 2013. Vagi, D. L. Coinage and History of the Roman Empire. Vol I-II: coinage. Taylor & Francis Group. 2001. ISBN 978-1579583163

Ligazóns externas "Double sestertius". Descricións e fotografías en Coin Archives. Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.

Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Imperio Romano