A iguana mariña (Amblyrhynchus cristatus) é unha especie de réptil escamoso da familia Iguanidae. É a única especie do seu xénero.

Especie endémica das illas Galápagos, habita as costas rochosas deste arquipélago ecuatoriano, aínda que é posible velas en mangleiros e praias. É o único lagarto moderno que depende do medio ambiente mariño, alimentándose case en exclusiva de algas mariñas. Para alimentarse é quen de nadar no mar, pero esta actividade só é realizada polos machos adultos posto que son de maior tamaño; as femias e as crías aliméntanse cando baixa a marea e as algas quedan ó descuberto. Como resultado da súa alimentación, deben librarse do exceso de sal que inxeren, excretando sal concentrado en forma de cristais dende unha glándula do sal.

Subespecies Recoñécense as seguintes subespecies: Amblyrhynchus cristatus albemarlensis Amblyrhynchus cristatus cristatus Amblyrhynchus cristatus hassi Amblyrhynchus cristatus mertensi Amblyrhynchus cristatus nanus Amblyrhynchus cristatus sielmanni Amblyrhynchus cristatus venustissimus

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Marine Iguana Podcast - Smithsonian Ocean Portal

Categoría:Réptiles de Ecuador Categoría:Fauna endémica das illas Galápagos Categoría:Animais descritos en 1825