O transplante de precursores hematopoéticos coñecido xenericamente como transplante de medula ósea, é un procedemento mediante o cal se destrúe a medula ósea danada dun paciente e é substituída por precursores hematopoéticos novos e sans.

Procedemento e funcionamento O transplante de medula ósea é un procedemento médico propio do campo da hematoloxía e adoita realizarse en pacientes con cancro de sangue ou medula ósea (xa sexa mieloma múltiple ou leucemia), para eliminar as células enfermas ou defectuosas e introducir células nai que produzan glóbulos e plaquetas sans. As células nai hematopoéticas multipotentes usualmente derivan da medula ósea, sangue periférico, ou sangue do cordón umbilical. Ó seren transplantadas, repoboan a medula ósea e anovan a produción de glóbulos e plaquetas.

O transplante pode levarse a cabo empregando a medula do mesmo paciente receptor (transplante autólogo), ou doutra persoa (transplante aloxénico).Trasplante de médula ósea: una apuesta tan arriesgada como milagrosa, Soitu, 22/02/2009Alteraciones metabólicas y nutricionales en pacientes con trasplante de médula ósea, Metabolismo, nutrición y shock, Patiño Restrepo, J.F., 4.ªed. edi. panamericana, 2006, Colombia

Indicacións

Este tratamento úsase en pacientes con trastornos hematolóxicos, inmunitarios, ou neoplásicos, como leucemias, linfomas e inmunodeficiencias. En moitos casos, antes de levar a cabo o transplante é necesario destruír a medula ósea do receptor por medio de quimioterapia e/ou radioterapia.

Riscos Este procedemento implica riscos de infección, toxicidade pulmonar e neurolóxica, e a condición autoinmune chamada doenza enxerto-contra-hóspede ou doenza enxerto contra receptor, coñecida ás veces polas siglas en inglés GvHD (Graft versus Host Disease).

Notas

Véxase tamén

Doenza do enxerto contra o receptor Quimioterapia Radioterapia Células estaminais Leucemia Linfoma Mieloma múltiple Anemia aplásica Doenza autoinmune

Categoría:Hematoloxía