Jean-Louis Petit, nado o 13 de marzo de 1674 e finado o 20 de abril de 1750, foi un cirurxián francés, recoñecido por ser o inventor do torniquete. Foi un entusiasta da anatomía e recibiu un certificado de mestre en cirurxía en París en 1700. Converteuse en membro da Real Academia de Ciencias francesa en 1715, e foi nomeado director da Real Academia Francesa de Cirurxía polo rei cando foi creada en 1731. Adquiriu gran notoriedade debido á súa habilidade e experiencia, grazas ós seus estudos de casos de hemorraxia, fístula lacrimal, a operación no freo do pene, o seu tratado sobre as doenzas óseas e sobre todo polo seu tratado xeral sobre as operacións cirúrxicas, no que traballou 12 anos e que foi terminado despois da súa morte por François-Dominique Lesné (1722—1800).

Categoría:Nados en 1674 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1750 Categoría:Cirurxiáns de Francia