Asepsia é un termo médico que define o conxunto de métodos aplicados para a conservación da esterilidade. A presentación e emprego correcto de roupa, instrumental, materiais e equipos estériles, sen contaminalos en todo o procedemento cirúrxico coñécese como asepsia. Tamén se chama asepsia á acción que se realiza ó limpar unha área determinada. Foi desenvolvida por Ernst von Bergmann, despois dos traballos de Joseph Lister na antisepsia, esterilizando non só o campo operatorio, senón tamén os instrumentos, vestimentas e partes do corpo dos cirurxiáns que estivesen en contacto co paciente. A asepsia cirúrxica consiste na esterilización completa e a ausencia total de bacterias nunha área.

Notas

Categoría:Termos médicos