miniatura|Litra de prata emitida por Agatocles, tirano de Siracusa (317-289 a. de C.), coa cabeza de Atenea no anverso e un Pegaso no reverso. A litra (do grego antigo: λίτρα) foi unha moeda da Antiga Grecia e, paralelamente, unha unidade de medida de masa para a prata e o ouro, que se utilizou nas colonias gregas e, fundamentalmente, en Sicilia."Litra". En Forum Ancient Coins.Mateu y Llopis, F. (1946). "Litra".Amandry, M. (2001). "Litra".Melville Jones, J. R. (1986). "Litra".Carradice, I.; Price, M. (1988). "Litra".

Historia Inicialmente, o peso dunha litra equivalía á terceira parte da libra romana (arredor de 109,15 gramos). Do mesmo xeito que sucedía en Roma coa libra (como unidade de masa) e co ás (como unidade monetaria), a litra dividíase en 12 onzas ou onkia (uncia, no caso de Roma). As fraccións desta unidade eran: hexas (1/6 de litra ou dúas onkia), tetras (1/4 ou tres onkia), trias (1/3 ou catro onkia), pentonkion (cinco onkia) e hemilitron (1/2 litra ou seis onkia).Stumpf, Gerd. "Litra". En Brill's New Pauly.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Hexas", "tetras", "trias", "pentonkion", "hemilitra" e "onkia". miniatura|160px|esquerda|Media litra (hemilitron) de bronce cuñada ca. 420-407 a. de C. Anverso: cabeza de ninfa e seis puntos, que representan as seis onzas (onkia) do seu valor. Reverso: grilanda e seis puntos. Diámetro: 16 mm. Peso: 3,43 g. A litra corría nas colonias sicilianas de Grecia con anterioridade á dominación romana, cun valor igual á quinta parte do dracma. Nos períodos arcaico e clásico, a litra cuñouse en prata cun peso de 0,85 gramos, parcticamente igual ao do óbolo, que tiña unha proporción de 1:6 co dracma.Smith, William. (1890). "Litra". Páxina 594.

Despois do dominio dos tiranos gregos da dinastía Dinoménida (485-465 a. de C) en Siracusa, a litra cuñouse en bronce cun peso de 16 g. Tratábase dunha emisión cun valor teórico moi elevado en relación ao seu peso, tendo en conta a relación naquela época entre o valor do bronce e o da prata. Posteriormente, Dionisio I (405-367 a. de C.), para sufragar os gastos militares, dobrou por decreto o valor das moedas circulantes naquel momento.Harl, Kenneth W. (1996). Páxina 62."Litra". En Algunos tipos de monedas antiguas . www.tesorillo.com

Durante o longo período de goberno de Dioniosio, emitiuse unha nova litra de bronce máis pequena, cun peso de só 8 gramos, que reproduce no anverso a cabeza de Atenea, á maneira da moeda de Corinto, e no reversoa imaxe do hipocampo.Descrición e fotografía de alta resolución. En Coin archives. A esa mesma serie pertence un dracma de 40 gramos coa cabeza de Atenea e, na parte posterior, unha estrela rodeada de golfiños.

miniatura|Litra romana cuñada ca. 230-226 a. de C. Anverso: cabeza de Marte. Reverso: Cabalo galopando; ROMA no exergo. Peso: 2,74 g. Ao longo do século III a. de C., Roma emitiu litras e dobres litras de prata, así como hemilitras de bronce, dentro das series de emisións coñecidas como romano-campanienses, en civersas cidades do sur de Italia e de Sicilia, seguindo o estilo e o sistema metrolóxico grego.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Litra".Melville Jones, J. R. (1990). "Litra".

No século III d. de C., o texto dos Evanxeos apócrifos coñecido como Feitos de Tomé, Xesús vende a Tomé a un comerciante xudeu "por tres litras de prata sen selar"."The Acts of Thomas". En M. R. James (ed:). The Apocryphal New Testament. Clarendon Press, 1924.

No mundo xudeu antigo, no Talmud fálase da litra como unha unidade de peso equivalente a 60 shekels (arredor de 354 gramos).Ettinger, Yair. "'Torah Archaeology' Sheds Light on Ancient Talmudic Dispute ". En Haaretz. 9 de setembro de 2011.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Grecia

Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7

Amandry. Dictionnaire de Numismatique. Larousse. París. 2001. ISBN 978-2035050762

Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820 Harl, Kenneth W. Roman Economy. 300 B.C. to A.D. 700. Glossary. The Johns Hopkins University Press. Baltimore/Londres, 1996. ISBN 0-8018-5291-9 Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946. Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Greek Coins. Londres, 1986. ISBN 978-0900652813 Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Londres, 1990. ISBN 978-1852640262 Smith, William (ed.). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Ed. John Murray. Londres, 1890.

Ligazóns externas

"Litra". Descricións e fotografías de litras en CoinArchives. "Litra ". Descricións e fotografías de litras en Coinage of the Roman Republic Online.

Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas da Roma antiga