O Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil é un galardón teatral creado en 2006 polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e despois de 2007 pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Premia as obras dirixidas especificamente ao público infantil, ten dotación económica, en 2006 de 4000 euros e en 2018 de 6000 euros. O premio tamén consiste na publicación da obra gañadora.
Inicialmente a periodicidade foi anual, mais nalgunhas ocasión a súa convocatoria foi cada dous anos. Na páxina do AGADIC fala da súa periodicidade anual. Recoñece a figura de Manuel María.
Edicións
Ano Obra premiada 2006 (I edición) Boas noites de Paula Carballeira 2007 (II edición) Game over de Carlos Losada Galiñáns 2008 (III edición) Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa 2009 (IV edición) Sopa de xarope de amora de Xosé A. Neira Cruz 2010 (V edición) Os reloxos preguiceiros de Néboa de Xavier Lama 2011 (VI edición) O refugallo de Paula Carballeira 2012 (VII edición) Premio deserto 2014 (VIII edición) Xogando con gatos de Antón Cortizas 2016 (IX edición) O valo de Carlos Labraña 2018 (X edición) Somos os monstros de Paula Carballeira 2020 (XI edición) 2022 (XII edición) Nin me amoles de Ana Carreira http://www.agadic.gal/premios
Notas
Manuel María Categoría:Manuel María