Os anóbidos ou Anobiidae (que nalgunhas clasificacións están dentro da familia Ptinidae) son unha familia de pequenos coleópteros polífagos coñecidos vulgarmente como trazas ou couzas da madeira, xa que perforan a madeira tanto en estado natural coma en edificios (trabes, mobles etc.). Algunhas especies considéranse verdadeiras pragas, como Xestobium rufovillosum, Anobium punctatum e Lasioderma serricorne. Coñécense uns 1 800 xéneros distribuídos por todo o mundo.Español, F. 1992 Coleoptera: Anobiidae. Fauna Ibérica, vol. 2. Museo Nacional de Ciencias Naturales, CSIC, Madrid, 195 pp.
Taxonomía Existen tres grandes grupos de escaravellos dentro da superfamilia Bostrichoidea: Bostrichidae, Anobiidae e Ptinidae. Estes grupos sufriron frecuentes cambios na clasificación xerárquica desde a súa creación. Foron tratados como unha soa familia, tres familias independentes, dúas familias chamadas Bostrichidae e Anobiidae (con Ptininae como subfamilia de Anobiidae), ou dúas familias denominadas Bostrichidae e Ptinidae (cos Anobiidae dentro de Ptinidae). A literatura máis recente trátaos como dúas subfamilias con nomes Bostrichidae e Ptinidae, mentres que os Anobiidae serían unha subfamilia de Ptinidae (Anobiinae).
Características O tamaño dos anóbidos oscila entre 1,5 e 9 mm de lonxitude e son predominantemente marróns, pardo-avermellados ou anegrados. O corpo é case sempre cilíndrico, ás veces arredondado e está recuberto por unha abundante pubescencia, que ás veces forma debuxos sobre os élitros. A cabeza está máis ou menos retraída e agochada baixo o pronoto; as antenas poden ser filiformes, aserradas ou pectinadas; os ollos son grandes. As patas son delgadas e nalgúns casos poden pregarse e ocultarse en sucos na parte inferior do corpo; os tarsos son pentámeros (con cinco artellos en todas as patas).
Bioloxía e ecoloxía miniatura|esquerda|Madeira furada por Anobium punctatum.
As larvas desenvólvense en madeira morta, tanto natural coma traballada e, nese caso, poden producir graves estragos en trabes, artesoados, retablos, mobles, e mesmo en libros; reciben o nome común de trazas ou couzas. Xestobium rufovillosum mentres escava galerías na madeira produce uns golpiños audibles polo oído humano que parecen o tic tac dun reloxo.Zahradník, J., 1990. Guía de los Coleópteros de España y de Europa. Omega, Barcelona, 570 pp. ISBN 84-282-0781-X Algunhas especies desenvólvense en fungos Xyletinus, produtos alimentarios (Stegobium) e mesmo en cigarros (Lasioderma).
Cando as larvas maduran, os adultos perforan a superficie da madeira e seguidamente a abandonan; son bos voadores e espállanse buscando lugares favorables para a posta; as femias depositan os ovos nas gretas da madeira.
Sistemática A familia inclúe os seguintes subgrupos (subfamilias e xéneros): Alvarenganiellinae Viana e Martínez, 1971 Dasytanobium Pic, 1902 Anobiinae Kirby, 1837 Anobium Fabricius, 1775 Colposternus Fall, 1905 Ctenobium LeConte, 1865 Desmatogaster Knutson, 1963 Euceratocerus LeConte, 1874 Falsogastrallus Pic, 1914 Gastrallus Jacquelin du Val, 1860 Hadrobregmus Thomson, 1859 Microbregma Seidlitz, 1889 Oligomerus Redtenbacher, 1849 Platybregmus Fisher, 1934 Priobium Motschulsky, 1845 Stegobium Motschulsky, 1860 Dorcatominae Thomson, 1859 Anitys Thomson, 1863 Caenocara Thomson, 1859 Dorcatoma Herbst, 1792 Protheca LeConte, 1865 Sculptotheca Schilsky, 1900 Stagetus Wollaston, 1861 Stichtoptychus Fall, 1905 Striatheca White, 1973 Dryophilinae LeConte, 1861 Dryophilus Chevrolat, 1832 Grynobius Thomson, 1859 Ernobiinae Pic, 1912 Episernus Thomson, 1863 Ernobius Thomson, 1859 Microzogus Fall, 1905 Ochina Sturm, 1826 Xestobium Motschulsky, 1845 Eucradinae LeConte, 1861 Eucrada LeConte, 1861 Hedobia Dejean, 1821 Mesocoelopodinae Mulsant e Rey, 1864 Tricorynus Waterhouse, 1849 Ptilininae Shuckard, 1840 Pseudoptilinus Leiler, 1963 Ptilinus Müller, 1764 Ptininae Latreille, 1802 (spider beetles) Eupauloecus Mulsant & Rey, 1868 Gibbium Scopoli, 1777 Mezium Curtis, 1828 Niptus Boieldieu, 1856 Pseudeurostus Heyden, 1906 Ptinus Linnaeus, 1767 Sphaericus Wollaston, 1854 Trigonogenius Solier, 1849 Xyletininae Gistel, 1856 Euvrilletta Fall, 1905 Holcobius Sharp, 1881 Lasioderma Stephens, 1835 (cigarette beetles) Megorama Fall, 1905 Neoxyletobius Español e Viñolas, 1996 Neoxyletobius kirkaldyi Vrilletta LeConte, 1874 Xyletinus Latreille, 1809 Xyletobius Sharp, 1881 Xyletomerus Fall, 1905
Sinónimos: Oligomerodes Fall, 1905 (sinónimo de Euvrilletta)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Bostrichiformia