Cube é un filme canadense de 1997 de ciencia ficción e terror psicolóxico dirixido e coescrito por Vincenzo Natali. Unha produción de Canadian Film Centre, o filme conta a historia dun grupo de persoas atrapadas en habitacións con forma de cubo, algunhas das cales teñen trampas preparadas para matalos.

Cube acadou notoriedade como filme de culto debido á súa atmosfera surrealista e ambientación kafkiana, ademais das habitacións cúbicas de inspiración industrial. Na súa estrea recibiu críticas diversas e tivo dúas secuelas.

Personaxes Maurice Dean Wint como Quentin McNeil, un oficial de policía. É un home forte e agresivo que se fai cargo do grupo e asume a maioría das tarefas perigosas. Nicole de Boer como Joan Leaven, unha moza estudante con habilidades matemáticas. David Hewlett como David Worth, un descontento crónico e cínico que deseñou sen querer a carcasa exterior do Cube. Andrew Miller como Kazan, un home autista coa habilidade de facer cálculos moi rápidos de números primos. Nicky Guadagni como Dr. Helen Holloway, unha doutora e teórica das conspiracións Wayne Robson como Rennes, tamén coñecido como "the Wren", un escapista que fuxiu de sete prisións. Julian Richings como Alderson, un prisioneiro e misterioso personaxe. Espertou noutra habitación e nunca se encontrou co resto do grupo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Vincenzo Natali Categoría:Filmes sobre matemáticas Categoría:Filmes sobre autismo Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes de terror psicolóxico