miniatura|dereita|Unidades xeolóxicas da Península Ibérica, onde se pode comprobar as áreas resultantes da oroxénese herciniana do centro ao oeste. O macizo Ibérico, ou macizo HespéricoO termo macizo Hespérico refírese en particular á cadea que xurdiu na península durante a oroxénese varisca mais que arestora é unha cadea montañosa amplamente erosionada, en diferente grao dependendo da composición ou textura das rochas que a formaban., é o núcleo do oeste Península Ibérica onde aparecen rochas do Proterozoico superior e do Carbonífero que se formaron durante a oroxénese herciniana ou varisca, a cal se produciu pola colisión de finais do Devoniano e mediados do Carbonífero (hai 370-290 mill. de anos) entre Laurusia e Gondwana para formar a Panxea. O macizo linda co mar Cantábrico ao norte, o océano Atlántico ao oeste e a cunca do Cenozoico do Guadalquivir ao sur.

A oroxénese herciniana ou varisca presenta no macizo unha forte curvatura que está centrada en Asturias e formando o arco Ibero-Armoricano. Ese arco é o continuo do macizo Ibérico co macizo Armoricano, da Bretaña francesa, e que hoxe en día están separados por mor da apertura do golfo de Biscaia durante o Mesozoico-Cenozoico. Trala separación do arco, a placa Ibérica desprazouse cara ao sueste seguindo un xiro levoxiro.

Esa oroxénese afectou aos estratos rochosos e aos sedimentos que había con pregamentos, deformacións tectónicas, coa fusión de rochas e coa intrusión de abundante masa ígnea. As rochas deformadas, que polo xeral se metamorfizaron e recibiron intrusións de diferentes tipos de granitoides, formaron unha ampla cadea montañosa a finais do Paleozoico. Neste proceso de colisión tamén se xunguiu o macizo con fragmentos litosféricos, e que agora se atopan dentro del. Tamén presenta materiais precámbricos e paleozoicos na metade occidental.

A finais do Carbonífero comezou a erosión da cadea herciniana ou varisca que se formara nesa oroxénese. O seu desmantelamento creou unha perichaira sobre da que se depositaron diferentes sedimentos, en particular na súa marxe oriental e desde o Triásico. Coa quebra da Panxea e a apertura do Atlántico e o Tetis, o macizo Ibérico quedou como o núcleo da placa Ibérica e tamén da actual península. A posterior tectónica alpina produciu os novos e actuais relevos do macizo Ibérico.

O macizo Ibérico é un complexo de interese global xa que é un continuo único que permite analizar dentro da área periférica atlántica do final do Proterozoico e o Paleozoico a evolución do norte de Gondwana e o océano Reico. Contén rexións onde se poden estudar a dinámica litosférica dese período grazas ao estudo dos rexistros de codias continentais, os procesos tectónicos, os metamorfismos e a evolución de oroxéneses. Neste macizo hai declarados 38 Geosites, como son o manto do río Esla na zona cantábrica, o manto de Mondoñedo na zona oeste asturiano-leonesa, a serra do Courel na zona central ibérica ou o complexo do Cabo Ortegal na zona de Galicia-Trás-os-Montes.

Historia Staub foi quen por primeira vez describiu o macizo Ibérico como unha unidade tectónica. Considerou que sería o resultante de placas do Arcaico que se foran re-transformando durante o eventos de oroxénese herciniana e caledoniana. Stille respondeu a anterior idea precisando que pertencería en esencia para os efectos de procesos tectónico-termais do herciniano. O primeiro en facer unha descrición da área do macizo foi Lotze en 1921 e 1961, con dous breves artigos importantes sobre diso en 1945, que a clasificou en seis zonas empregando datos de litoloxía, estruturas e metamorfismos. Nesa década as propostas da tectónica de placas favoreceu que xurdiran diferentes ideas da formación da placa e se propuxeran varios modelos de xeodinámica. Quen establecería unha relación do macizo Ibérico coa placa continental de Armórica, que se separou de Gondwana durante o Paleozoico, foi Van der Voo en 1982. O macizo estaría no sur de Armórica e estaría separado de Laurentia polo proto-Atlántico, de Báltica polo mar de Tornquist e de Gondwana polo océano Theico. Cunha colisión en varias fases durante desde mediados ata finais do Paleozoico tería acontecido unha oroxénese no círculo Atlántico.

Existen diferentes posturas sobre da evolución do macizo e as partes que o compoñen. Nunha liña están os modelos que baseándose en datos paleomagnéticos e xeofísicos propoñen diferentes encaixes do macizo. Consideran que a península foi unha única unidade continental durante o Paleozoico e que os diferentes procesos tectónico-termais que a afectaron se deron durante o herciniano. Noutra liña están as posicións que seguen a proposta de Robardet de 1976 que se basea en información da fauna. Robadert suxeriu que as posicións paleobioxeográficas da zona Central Ibérica e da Ossa-Morena no Paleozoico eran diferentes. Ademais, coñécese a descontinuidade de placas de Badaxoz e Córdoba. Por iso, desde esa proposta considerouse a posible existencia de dous bloques continentais. A rexión de latitude norte estaría ligada ao herciniano europeo namentres que a zona sur o estaría con Gondwana. A descontinuidade de Badaxoz-Córdoba sería o resultado de interacción entre esas dúas masas durante o Carbonífero.

Zonas do Macizo Ibérico miniatura|250px|dereita|Estruturas xeolóxicas europeas da oroxénese varisca no Permiano. Destaca a forte curvatura do Arco Ibero-Armoricano e mais tamén das posicións da futura Península Ibérica e das illas de Córsega e Sardeña en comparanza co demais do que hoxe é Europa.Franke, W.; 1992: Phanerozoic structures and events in central Europe, in: Blundell, D.J.; Freeman, R. & Mueller, S. (eds.): A Continent Revealed - The European Geotraverse, 297 pp., Cambridge University Press, ISBN 052142948X, pp. 164-179.Franke, W.; 2000: The mid-European segment of the Variscides: tectonostratigraphic units, terrane boundaries and plate tectonic evolution, Geological Society of London, Special Publications 179, pp. 35-61. Matte, P.; 2001: The Variscan collage and orogeny (480±290 Ma) and the tectonic defnition of the Armorica microplate: a review, Terra Nova 13, 122-128.von Raumer, J.F.; Stampfli, G.M. & Bussy, F.; 2003: Gondwana-derived microcontinents — the constituents of the Variscan and Alpine collisional orogens, Tectonophysics 365, pp. 7–22. Walter, R.; 2003: Erdgeschichte – Die Entstehung der Kontinente und Ozeane, 325 pp., Walter de Gruyter, Berlin (5th ed.). O macizo Ibérico foi dividido por Lotze en 1945 por primeira vez en seis áreas, Julivert redefiniunos en cinco en 1972 e finalmente na década de 1980 precisáronse os límite de seis zonas. Esta clasificación considerou factores de estratigrafía, estrutura, metamorfismo e presenza de materiais ígneos. De norte a sur as zonas definidas no macizo son: a zona Cantábrica, a zona Asturoccidental-Leonesa, a zona Centroibérica, a zona de Galicia-Trás-Os-Montes, a zona de Ossa-Morena e a zona Surportuguesa. A zonación proposta segue a orde que ocuparon esas áreas na antiga oroxénese herciniana. As áreas cantábricas e sur de Portugal son as rexións máis exteriores e mostran sedimentos formados durante a oroxénese (siroxénese) e pregamentos e acabalgamentos inclinados de cara ao exterior da cadea. Pola contra, as demais zonas pertencen á área máis interior e onde se deron deformacións importantes, metamorfismos e magmatismos.

Ademais desas seis, outra zona que se propuxo a maiores é a zona Lusitano-Mariánica. Esta sería unha área segregada do norte da zona Ossa-Moreno e que se estaría definida por diferenzas de estratigrafía e paleoxeografía. Así mesmo, a existencia de diferentes relacións de socalcos alóctonos, de orixe basal, ofiolítica ou superficial, entre as zonas de Galicia-Tras-os-Montes e Ossa-Morena levou a proposta de unificalas nunha unidade xeotectónica nova: a zona Galicia–Ossa-Morena.

Zona Cantábrica miniatura|dereita|300px|Relevo kárstico do Alto de Brenas en Riotuerto, Cantabria. A zona cantábrica atópase no noroeste do macizo e foi a cabeceira de oroxénese. Esa fronte do Paleozoico era unha bacía de fronte de cadeaA bacía á fronte é aquela plataforma estrutural que se forma adxacente ou en paralelo a un macizo de montañas. En inglés o termo xeolóxico empregado é foreland basin. de sedimentos de pouco grosor. O levantamento desa bacía, que era a zona máis continental da plataforma paleozoica, seguido por procesos de erosión no Devoniano resultaron nunha zona con fracturas orientadas cara á parte externa e con descontinuidades estratigráficas. O cambio de ser unha plataforma pasiva a ser unha zona de colisión xerou primeiro un afondamento da plataforma oceánica e despois unha alta acumulación de sedimentos (un proceso posterior ligado á oroxénese) no Carbonífero. Así, a zona cántabra é a rexión de alto pregamento tectónico que formou o núcleo do arco Ibérico-Armoricano. É un exemplo dunha fronte con acabalgamento e pregamentos asociados. Destacan a deformación superficial ("tectónica de pel fina") e o tipo de deformacións da codia, que teñen un xeito arcado en comparanza coa liña de oroxénese.

O posterior levantamento pola oroxénese alpina do Cenozoico xerou macizos calcarios, como é a montaña de Covadonga dos Picos de Europa, o val de San Emiliano ou Somiedo. Nesta zona aparecen abundantes depósitos de sinoroxénese que permiten datar os acabalgamentos e reactivamentos dos pregamentos. Así mesmo, en superficie pódense apreciar os acabalgamentos de Esla, de Ponga ou dos Picos de Europa.

Polo leste está limitada coa zona asturiano-leonesa polo acabalgamento de La Espina na área de antiforme do Narcea. Os seus outros lindes son as formacións de pegada de oroxénese alpina, a cunca cenozoica do Douro. Nesta zona pódense diferenciar as unidades de Somiedo-Correcilla, Esla-Valsurbio, Sobia-Bodón e a de Arnao.

Zona Asturoccidental-Leonesa miniatura|dereita|250px|Sinclinal en La Barca, Asturias, por onde pasa o río Narcea. Formado por pregamentos de cuarcita do Carbonífero. A zona asturiano occidental e leonesa é un cinto de lousa de pregamentos orientados cara ao leste, que canto máis ao oeste máis tombados e apertados se atopan. Estes pregamentos están cortados por acabalgamentos que verteron cara ao mesmo lado e que tiveron un pregamento posterior que seguiu un eixo axial vertical. O metamorfismo foi de epi- a mesozonal. As rochas desta zona, dun alto espesor, son en esencia rochas precámbricas e do Paleozoico Inferior, con algunhas poucas do Paleozoico Superior, que teñen unha orixe en sedimentos mariños profundos.

Esta zona está limitada ao leste polo anticlinorio de xisto do Narcea e ao leste polo anticlonorio porfiroide do Ollo de sapo. Dentro esta zona hai dous dominios: polo leste está o dominio de Navia e Alto Sil e polo oeste está o dominio do manto de Mondoñedo. O dominio do Navia e Alto Sil defíneno pregamentos con caídas abruptas e a deformación dúctil que mostran as facies dos xistos verdes. O manto de Mondoñedo tamén mostra pregamentos acentuados inda que estes decaen cara ao oeste e vólvense pregamentos deitados e fallados. O metamorfismo deste aumenta segundo as fallas se fan sub-horizontais. Destaca nesta zona como as súas lousas do Cámbrico e as floracións de cuarcitas revelan a deformación tanxencial que se produciu nunha segunda fase do varisco.

Esta zona, así como a central, permitiu a definición de granodioritas de cedo, que se formaron na base continental, e leucogranitas, ou granitos de dúas micas. As granodioritas de cedo e as leucogranitas formáronse hai 350-305 mill. de anos. Nunha área máis reducida da zona aparecen granitoides de posterior formación, de hai 295-285 Ma., e que están ligados ao un pulso magmático ao final da oroxénese.

Zona Centroibérica miniatura|250px|dereita|Pregamento de Campodola-Leixazós, no concello de Quiroga na Serra do Courel. miniatura|dereita|250px|Gneis do "ollo de sapo".