O pilro canela (Calidris subruficollis ou Tryngites subruficollis) é unha pequena ave limícola. O seu nome específico subruficollis procede do latín sub, 'preto de', rufus, 'rubio', e collum, 'pescozo'.

Descrición

Esta especie é marrón pola parte superior e ten unha face e partes inferiores de cor beixe en todas as plumaxes. Ten un peteiro curto e patas amarelas. Os machos son maiores que as femias. Os individuos novos lembran os adultos, pero poden ser máis claros nas partes inferiores.

Medidas estándar Lonxitude 190–230 mm Peso 63 g Envergadura 460 mm Á 128,2-138,7 mm Cola 56,8-61,4 mm Culmen 19,9-21,3 mm Tarso 31,8–34 mm

Distribución e hábitat miniatura|esquerd O pilro canela reprodúcese na tundra ártica de Norteamérica e é unha ave migradora de longas distancias, que pasa a estación non reprodutora principalmente en Suramérica, especialmente na Arxentina.

Migra principalmente a través da parte central de Norteamérica e é pouco común nas costas. Aparece como ave errante regular en Europa occidental, e non é un paxaro raro en Gran Bretaña ou Irlanda, onde se poden formar pequenas bandadas. Só o pilro peitoral é un visitante americano máis común en Europa.

Esta especie aniña no norte do Canadá e AlascaAttenborough, D. 1998. The Life of Birds. p.206 - 208. BBC. no chan, e pon catro ovos. O macho fai unha exhibición de cortexo que inclúe erguer as ás para mostrar as partes brancas inferiores, que tamén fai na migración, ás veces mesmo cando ningún outro pilro canela está presente. Fóra da estación reprodutora, esta ave encóntrase normalmente en hábitats con herba curta aeródromos e campos de golf, en vez de preto da auga.

Estas aves peteiran a comida que atopan usando a vista, e comen principalmente insectos e outros invertebrados. Sábese que comen o abesouro Bombus polaris, típico do círculo polar ártico. Comen tamén abellas ou alimentan con elas as crías. Adoitan ser moi mansos.

Os pilros canelas sospéitase que se hibridan cos pilros de Bonaparte e de Baird.

No sur de Asia, Australia e Suráfrica Esta especie foi vista no sur de Asia polo menos en tres ocasións. Crese que estas aves en vez de chegaren á Arxentina foron desviadas polos ventos e acabaron no sur de Asia. Tamén foi rexistrada en Australia en polo menos oito ocasións. En 2001 un só destes paxaros foi visto en Marievale, Suráfrica.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Buff-breasted sandpiper Species Account – Cornell Lab of Ornithology Buff-breasted sandpiper - Tryngites subruficollis - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter

Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1819