é un filme xaponés de 2006 dirixido por Gorō Miyazaki, animado por Studio Ghibli para Nippon Television Network, Dentsu, Hakuhodo DY Media Partners, Buena Vista Home Entertainment, Mitsubishi e Toho, sendo distribuído para este último. O filme baséase nunha combinación de argumento e personaxes dos primeiros catro libros da serie Earthsea de Ursula K. Le Guin (A Wizard of Earthsea, The Tombs of Atuan, The Farthest Shore e Tehanu), así como no manga The Journey of Shuna de Hayao Miyazaki. O título do filme provén dunha colección de historias curtas, Tales from Earthsea, feita en 2001. O argumento foi "completamente diferente" segundo a autora Ursula K. Le Guin, que lle dixo a Gorō Miyazaki, "Non é o meu libro. É o teu filme. É un bo filme", aínda que máis tarde expresou a súa desilusión co resultado final. Unha adptación en banda deseñada foi publicada no Xapón.

Produción Este filme de Studio Ghibli é a primeira adaptación anime de calquera parte da serie Earthsea. No pasado, moitos directores, incluíndo Hayao Miyazaki, tentaron adaptar o ciclo Earthsea ó cinema, pero non foron aprobados pola propia autora. Cando Le Guin escoitou por primeira vez o interese de Miyazaki en adaptar a súa obra, non coñecía os seus filmes e asociaba a animación coa obra de Disney; sendo así, rexeitou a súa solicitude.

En 2003, despois de gañar o Oscar ó mellor filme de animación por A viaxe de Chihiro, Hayao Miyazaki recibiu a aprobación de Le Guin mais Miyazaki estaba ocupado dirixindo Hauru no Ugoku Shiro. Studio Ghibli deixou que Toshio Suzuki decidise que fose o fillo de Hayao, Gorō Miyazaki, quen dirixise o filme, sendo o seu primeiro traballo como director. Hayao non se sentiu satisfeito coa decisión, xa que cría que Gorō carecía da experiencia necesaria. Ó parecer non falaron entre eles durante a produción do filme. Porén, Hayao recoñeceu máis tarde o traballo do seu fillo no seu primeiro adianto.See Nausicaa.net Goro Miyazaki's Blog. Algúns estudosos coidan que unha parte importante da trama foi adaptada da obra do seu pai, a novela gráfica Shuna no Tabi, con moitas referencias directas. Le Guin, que se convertera nunha adepta do traballo de Hayao Miyazaki logo do seu primeiro encontro e desexaba que fose el quen dirixise o filme, tamén quedou decepcionada pola escolla de Gorō como director, mais Studio Ghibli díxolle que Hayao supervisaría a produción.

Música A banda sonora de Gedo Senki foi composta e dirixida por Tamiya Terashima e foi estreada por Tokuma Japan Communications e Studio Ghibli Records como un híbrido multicanal SACD-CD o 12 de xullo de 2006. Carlos Núñez foi un colaborador clave na banda sonora, contribuíndo coa súa ocarina, tin whistle e gaita galega en 11 das 21 pistas. A cantante Aoi Teshima canta en dúas das cancións. Un álbum máis, "Melodies from Gedo Senki", foi estreado o 17 de xaneiro de 2007, incluíndo novo material da banda sonora e temas inéditos de Núñez.Ghibliworld, MEMORIES FROM GEDO SENKI WITH CARLOS NUNEZ , 19 de decembro de 2006 Studio Ghibli, カルロス・ヌニェスのニューアルバムの発売決定! , 11 de decembro de 2006

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes dirixidos por Gorō Miyazaki Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de Studio Ghibli Categoría:Filmes sobre dragóns