miniatura A lingua de sogra é un tubo de plástico ou de papel que produce son ao soprarmos. As linguas de sogra caracterízanse por ter unha das extremidades fechada e a outra aberta. A extremidade fechada adoita encontrarse enrolada en posición inicial, mais estíranse logo de recibiren aire pola extremidade aberta.
É un dos artigos de festa máis utilizados en todo o mundo, o son estridente que emiten e a forma de enrolar e desenrolar que posúen fan que resulten moi divertidos aos máis pequenos. O récord de maior número de linguas de sogra sopradas ao mesmo tempo teno o club de fans S.C. NANA NET da cantante e actriz de voz xaponesa Nana Mizuki quen conseguiu soprar 6961 linguas de sogra o 21 de novembro de 2009.
Notas
Categoría:Xoguetes