250px|miniatura|Nesotragus livingstonianus Kirk, hoxe coñecido como Neotragus moschatus (ou como N. m. livingstonianus) no Museo Nacional de Historia Natural de Irlanda, en Dublín. Nesotragus é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos creado no ano 1846 polo naturalista sueco Von Dueben, nun traballo publicado na revista Ofvers. K. VetenskAcad. Förh. Stockholm, 3 (7): 221.Nesotragus Von Dueben, 1846 en BGIF.Nesotragus von Düben, 1846 en Interim Register of Marine and Nonmarine Genera (IRMING).

Inicialmente incluía as especies Nesotragus moschatus Von Dueben, 1846 e N. livingstonianus Kirk, 1865.

Pero máis tarde o xénero foi abandonado, e ambas as dúas especies foron incluídas no xénero Neotragus C. H. Smith, 1827.

Etimoloxía O nome Nesotragus está formado polos elementos do latín científico neso- e -tragus. O primeiro é un calco do prefixo grego antigo νῆσο- nễso-, derivado de νῆσος nễsos, 'illa', e o segundo elemento está tirado do substantivo do grego antigo τράγοσ trágos, 'bode', 'cabrón', 'castrón', 'chibo'.Nesotragus no Merriam Webster Dictionary. Literalmente, 'bode que está no medio', 'bode intermedio'.

Unha nova vida para Nesotragus 250px|miniatura|Nesotragus moschatus, recoñecido pola maioría dos autores como Neotragus moschatus No ano 2014, os investigadores Eva V. Bärmann, da Universidade de Cambridge, e o seu colega Tim Schikora, do Centro de Investigación da Biodiversidade e o Clima de Frankfurt, nun estudo da polimorfía do xénero Neotragus, afirmaron que, a pesar de que as especies de antílopes ananos se reuniron comunmente na tribo dos neotraguinos debido á súa aparencia morfolóxica xeral, as análises filoxenéticas demostraron que non todos están estreitamente relacionados, polo que suxeriron restrinxir o nome de Neotragini ao xénero tipo Neotragus. No seu estudo utilizaron secuencias do citocromo b mitocondrial e medicións lineais do cranio para investigar máis a fondo a similitude das tres especies de Neotragus. Estas análises apoian a estreita relación de N. moschatus e N. batesi. Porén, Neotragus pygmaeus, a especie tipo —que nunca antes se incluíra nas análises filoxenéticas— non está estreitamente relacionada. Segundo estes autores, podería compartir un antepasado común máis recente con outro "antílope anano", o Oreotragus oreotragus, e cos duiqueros do taxon Cephalophini. Polo tanto, suxeriron resucitar o xénero Nesotragus von Dueben, 1846 para Nesotragus moschatus e N. batesi, e deixando a Neotragus pygmaeus como a única especie do seu xénero.Eva V. Bärmann and Tim Schikora (2014): "The polyphyly of Neotragus – Results from genetic and morphometric analyses". Mammalian Biology 79 (4): 283-286.

Porén, a maioría dos autores non consideran válido o xénero Nesotragus.Nesotragus Von Dueben, 1846 no ITIS.Neotragus C. H. Smith, 1827. (Incúe Nesotragus) en MSW.Neotragus batesi de Winton, 1903 en Catalogue of Life: 24th September 2018. Species 2000.Neotragus moschatus (Von Dueben, 1846) en Catalogue of Life: 24th September 2018. Species 2000.

Aínda que a Unión Internacional para a Conservación da Natureza inclúe, na páxina Neotragus, as tres especies Neotragus batesi, Neotragus pygmaeus e Nesotragus moschatus, na páxina de Nesotragus moschatus os asesores da UICN indican que esta especie foi incluída no xénero Neotragus, xunto con Neotragus batesi e N. pygmaeus, por varios autores, pero que alí se inclúe no xénero monotípico Nesotragus seguindo a Ellerman et al. (1953),Ellerman, J. R., T. C. S. Morrison-Scott and R. W. Hayman (1953): Southern African Mammals 1758-1951: A Reclassification. London: British Museum, London. ISBN 978-0-5650-0189-6. e Kingdon (2013).Kingdon, J. S. (2013): "Genus Nesotragus". En: J. S. Kingdon and M. Hoffmann (eds), Mammals of Africa. Vol VI. London / Oxford: Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4081-2257-0.

Clasificación das tres especies, segundo Bärmann & Schikora Polo tanto, segundo estes autores, a clasificación das tres especies citadas quedaría así:

Tribo Nesotragini Gray, 1872 Xénero Nesotragus Von Dueben, 1846 Nesotragus batesi de Winton, 1903 Nesotragus moschatus (Von Dueben, 1846) Tribo Neotragini Sclater & Thomas, 1894 Xénero Neotragus Hamilton Smith, 1827 Neotragus pygmaeus (Linnaeus, 1758)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Groves, Colin & Grubb, Peter (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Grubb, Peter (2001): "Review of Family-Group Names of Living Bovids", Journal of Mammalogy 82 (2): 374-388. (Resume). Heinichen, Irmgard G. (1972): "Preliminary Notes on the Suni, Nesotragus moschatus and Red Duiker, Cephalophus natalensis" , Zoologica Africana 7 (1): 157-165. Hintsche, Stefan (2012): Taxonomía dos bóvidos en sthco.de

Outros artigos Neotraguinos Neotragus

Categoría:Antílopes