Cephalophus é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos cefalofinos.Cephalophus en MSW.Cephalophus C. H. Smith, 1827 no ITIS.
O xénero inclúe dezasete especies de pequenos antílopes africanos coñecidos como duiqueros ou cefalofos.
O nome duiquero significa, en afrikaans, 'mergullador', debido ao costume destes tímidos animais a mergullarse na maleza cando están asustados.
Características Os duiqueros son pequenos antílopes, algúns moi pequenos, co corpo como anicado, co lombo moi arqueado. As patas son curtas e finas, as dianteiras, na maioría das especies, lixeiramente máis curtas que as traseiras. A cabeza aparece como abaixada cara ao chan. Presentan unha crista frontal, ben desenvolvida, de pelos longos, entre os cornos, ás veces ocultándoos. Aos lados da cabeza hai unha liña de poros (onde se abren cadansúa glándula), formando unha longa serie nunha zona espida. Ambos os sexos teñen cornos. Os cornos, presentes en ambos os sexos, son rectos, de sección triangular, moi curtos (sempre máis curtos que a cabeza, a miúdo moito máis curtos) dirixidos cara a atrás, continuando a liña do perfil nasal. A pelaxe e lisa e lustrosa.
Viven confinados nas selvas ou en matogueiras moi mestas. Non son gregarios e teñen costumes moi retraídos. Aínda que se ven poucas veces, son, porén, a miúdo moi abundantes.
Clasificación Como quedou dito, o xénero comprende dezasete especies: Xénero Cephalophus C. H. Smith, 1827 Cephalophus adersi Thomas, 1918 Cephalophus callipygus Peters, 1876 Cephalophus dorsalis Gray, 1846 Cephalophus jentinki Thomas, 1892 Cephalophus leucogaster Gray, 1873 Cephalophus maxwellii (H. Smith, 1827) Cephalophus monticola (Thunberg, 1789) Cephalophus natalensis A. Smith, 1834 Cephalophus niger Gray, 1846 Cephalophus nigrifrons Gray, 1871 Cephalophus ogilbyi (Waterhouse, 1838) Cephalophus rufilatus Gray, 1846 Cephalophus silvicultor (Afzelius, 1815) Cephalophus spadix True, 1890 Cephalophus weynsi Thomas, 1901 Cephalophus zebra Gray, 1838
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Groves, Colin P. & Grubb, Peter (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Groves, Colin P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". En: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9. Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Bóvidos Antílope Cefalofinos
Ligazóns externas Cephalophus. Duikers na ADW. Cephalophus. Duikers na EOL. Cephalophus no NCBI.
Categoría:Antílopes Categoría:Mamíferos de África