Demetrio I Cantacuzeno (en grego Δημήτριος Καντακουζηνός Demetrios Cantacuzenós) foi déspota da Morea en 1383 e neto do emperador Xoán VI Cantacuzeno (r. 1347–1354).
Traxectoria Demetrio era fillo de Mateu Cantacuzeno, o gobernador de Morea, e Irene Paleoloxina. A Demetrio foille dado do título de sebastocrátor polo emperador Xoán V Paleólogo en decembro de 1357 e foi para o Peloponeso con seu pai e avó en 1361.Donald M. Nicol, The Byzantine Family of Kantakouzenos (Cantacuzenus) ca. 1100-1460: a Genealogical and Prosopographical Study (Washington, DC: Dumbarton Oaks, 1968), p. 158.
Un dos dous fillos de Mateu Cantacuzeno disputou a sucesión do Despotado de Morea con Teodoro I Paleólogo, o fillo de Xoán V, entre 1380 e 1384. A única información sobre o evento é unha referencia críptica na Oración Fúnebre do emperador Manuel II Paleólogo para seu irmán Teodoro, que observa a insubordinación do "fillo" de Mateu Cantacuzeno, que usurpara o goberno na morte de Manuel Cantacuzeno en 1380. A visión tradicional é que este fillo foi Xoán, non Demetrio; con todo Dionysios Zakythinos, un historiador do Despotado do Peloponeso, inclinouse a pensar que o fillo foi Demetrio. De acordo co bizantinista Donald Nicol, "este problema pode dificilmente ser satisfactoriamente resolto con base na evidencia documental dispoñíbel"Nicol, Byzantine Family, p. 159.
Fillos O número exacto dos seus fillos e descendentes é incerto. Unha lista posíbel éA partir da lista recompilada en Nicol, Byzantine Family, p. 176:
Xurxo Paleólogo Cantacuzeno, coñecido polos turcos como "Sachatai" (m. c. 1456-59), académico e comandante militar, defendeu Semendria durante un ataque do Reino de Hungría en 1456. Andrónico Paleólogo Cantacuzeno (m. 3/4 de xuño de 1453, executado), o último gran doméstico do Imperio Bizantino. Tomé Cantacuzeno (m. 25 de xullo de 1463 en Adrianópole), diplomático ao servizo de Đurađ Branković, déspota da Serbia. Irene Cantacuzena (m. en maio de 1457), esposa do déspota serbio Đurađ Branković. Helena Cantacuzena (m. c. 1 de novembro de 1463 en Adrianópole, emperatriz de Trebisonda, esposa de David de Trebisonda. Unha filla que casou co rei da Xeorxia Xurxo VIII.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1343 Categoría:Finados en 1383 Categoría:Déspotas de Morea