Sahle-Work Zewde (en ), nada en Adís Abeba o 21 de febreiro de 1950 é a cuarta e actual presidenta de Etiopía, primeira muller que ocupa o cargo. Foi elixida presidenta por unanimidade polos membros da Asemblea Federal Parlamentaria o 25 de outubro de 2018.
Sahle-Work tivo previamente unha carreira diplomática, servindo como representante especial do Secretario Xeral das Nacións Unidas António Guterres para a Unión Africana e xefa da oficina das Nacións Unidas para a Unión Africana co nivel de Vicesecretaria Xeral das Nacións Unidas.Secretary-General Appoints Sahle-Work Zewde of Ethiopia his Special Representative, Head of United Nations Office to African Union United Nations, publicación na prensa o 27 de xuño de 2018.
Traxectoria Primeiros anos Nada en Adís Abeba, Sahle-Work recibiu educación elemental e secundaria no Lycée Guebre-Mariam da súa cidade natal, tralo que estudou ciencias naturais na Universidade de Montpellier, Francia. Fala amhárico, francés e inglés.
Carreira diplomática Sahle-Work foi só a segunda muller nomeada embaxaidora na historia de Etiopía, despois de Yodit Emiru.
Veterana do servizo exterior etíope, serviu como embaixadora no Senegal, con acreditacións en Malí, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Gambia e Guinea, dende 1989 a 1993. Entre 1993 e 2002, foi embaixadora en Djibuti e representante permanente na Autoridade Intergobernamental sobre Desenvolvemento (IGAD).Ms. Sahle-Work Zewde of Ethiopia – Special Representative to the African Union and Head of the United Nations Office to the African Union (UNOAU) Nacións Unidas, nota de prensa do 27 de xuño de 2018. Máis adiante, serviu como embaixadora en Francia, representante permanente na UNESCO e acreditada en Tunisia e Marrocos entre 2002 e 2006.
A continuación, Sahle-Work mantivo outros altos cargos, incluíndo o de representante permanente de Etiopía para a Unión Africana e a Comisión Económica das Nacións Unidas para África (ECA) e o de director xeral para asuntos africanos no Ministerio de Asuntos Exteriores de Etiopía.
Carreira nas Nacións Unidas Ata 2011, Sahle-Work serviu como representante especial do Secretario Xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon e como xefa da Oficina Integrada das Nacións Unidas para a Construción da Paz na República Centroafricana (BINUCA).
En 2011, Ban nomeou a Sahle-Work directora xeral da oficina das Nacións Unidas en Nairobi (UNON). Baixo Sahle-Work, a oficina de Nairobi converteuse nun centro máis importante da ONU para a África Central e Oriental, segundo o Africa Yearbook de 2012.
En xuño de 2018, o secretario xeral António Guterres nomeou a Sahle-Work como a súa representante especial para a Unión Africana e xefa da oficina das Nacións Unidas para a Unión Africana (UNOAU) co nivel de Vicesecretaria Xeral das Nacións Unidas, sendo a primeira muller que logrou o cargo.
Presidencia de Etiopía Sahle-Work foi nomeada presidenta de Etiopía o 25 de outubro de 2018, sendo a primeira muller que servía no cargo e a cuarta persoa dende que a coalición da Fronte Democrática Revolucionaria do Pobo Etíope (EPRDF) chegou ao poder.George Obulutsa (25 de outubro de 2018), Ethiopia's parliament approves Sahle-Work Zewde as first female president , Reuters. Substituíu a Mulatu Teshome, que dimitiu en circunstancias sen aclarar, e agárdase que Sahle-Work sirva dúas lexislaturas de seis anos. No momento da súa elección, Sahle-Work era a única muller xefa de estado de África e a primeira xefa de estado de Etiopía dende a emperatriz Zewditu.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas United Nations Press Release
Categoría:Nados en Adís Abeba Categoría:Nados en 1950 Categoría:Presidentes de Etiopía Categoría:Embaixadores de Etiopía en Djibuti Categoría:Embaixadores de Etiopía en Francia Categoría:Embaixadores de Etiopía no Senegal Categoría:Alumnos da Universidade de Montpellier