Miguel Ángel Pérez Pérez, nado en Puerto Real (provincia de Cádiz) o 25 de agosto de 1968, é un árbitro de baloncesto galego da Liga ACB. Pertence ó Comité de Árbitros de Galicia. Traxectoria Iníciase na arbitraxe en 1989 e despois de 2 tempadas en LEB e 3 en Liga EBA, debutou na liga ACB o 4 de setembro de 1999 competición da que xa dirixiu máis de 600 encontros.
Entre os moitos momentos importantes da súa traxectoria, Pérez Pérez dirixiu dúas finais da Copa do Rei, en Zaragoza 2005 e en Málaga 2007, cando se enfrontaron o Regal FC Barcelona e Real Madrid.
Notas
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados na provincia de Cádiz Categoría:Árbitros de baloncesto Categoría:Árbitros de Galicia Categoría:Árbitros de España