Atlas Aircraft Corporation (tamén coñecida como Atlas Aviation) é unha compañía surafricana creada en 1965 para fabricar varias sofisticadas aeronaves militares e equipamento de aviónica para a Forza Aérea de Suráfrica, ademais de para o mercado de exportación. Foi creada principalmente para eludir o embargo internacional de armas (Resolución 418 da ONU) que comezou en 1963 contra o goberno surafricano debido ás súas políticas do Apartheid.

Coa creación en 1968 do conglomerado pertencente ao goberno surafricano chamado Armscor (Armaments Corporation of South Africa), a Atlas Aircraft Corporation pasou a estar baixo o control de Armscor.

En 1992 Atlas foi absorvida dentro dunha nova entidade coñecida como Denel, pasando a formar parte de Denel Aviation.

Aeronaves

Aeronaves de produción Atlas construíu e mantivo unha variedade de avións:

Impala Mk.I - adestrador italiano Aermacchi MB-326M producido baixo licenza Impala Mk.II - licenza de fabricación do modelo de ataque lixeiro MB-326K Atlas Cheetah - caza fabricado como actualización do Dassault Mirage III Oryx - versión actualizada do helicóptero Aérospatiale Puma Bosbok - avión lixeiro de observación de deseño italiano Kudu - avión utilitario lixeiro baseado no Bosbok de deseño surafricano Rooivalk - este proxecto foi iniciado por Atlas Aircraft Corporation e entrou en produción despois de que a compañía pasase a chamarse Denel Aviation

Atlas tamén axudou á Forza Aérea de Suráfrica a manter a súa frota de aeronaves que foran mercadas principalmente antes do inicio das sancións nos anos 70.

Prototipos e aeronaves non producidas

Atlas ACE XH-1 Alpha - baseado no Aérospatiale Alouette III XTP-1 Beta - baseado no Aérospatiale SA 330 Puma Carver

Notas

Categoría:Construtores aeronáuticos

Categoría:Empresas de Suráfrica