A resolución 1440 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, aprobada unanimemente o 24 de outubro de 2002, despois de reafirmar a resolución 1373 (2001), e a necesidade de combater por todos os medios as ameazas á paz e a seguridade internacionais, condena o acto de toma de reféns en Moscova, Rusia, o 23 de outubro de 2002, así como outros actos terroristas cometidos recentemente en diversos países e considera que eses actos constitúen unha ameaza á paz e a seguridade internacionais.

A resolución a liberación inmediata e incondicional de todos os reféns, expresou o seu profundo pesar e condolencias ao pobo e ao goberno da Federación de Rusia e ás vítimas do ataque terrorista e as súas familias e instou a todos os Estados a que, de conformidade coas obrigacións que lle competen en virtude da resolución 1373, cooperasen coas autoridades rusas nos seus esforzos para identificar e levar ante a xustiza aos autores, organizadores e patrocinadores do ataque terrorista.

Finalmente, expresou a súa determinación de combater todas as formas de terrorismo.

Notas Texto da resolución (PDF)

Véxase tamén Outros artigos Crise de reféns do teatro Dubrovka de Moscova 1440 Categoría:2002