Tania Elizabeth Álvarez Yates, nada no Grove o 4 de outubro de 1994, é unha deportista galega que compite en piragüismo na modalidade de maratón. Foi campioa do mundo en K2 xunto a Tania Fernández en 2022 e tres veces subcampioa.

Traxectoria Gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón de 2018 na proba de K2, xunto á lucense Tania Fernández García.Tania Álvarez Yates en CanoeResults.eu. Consultado o 22 de setembro de 2018 .

En 2019 gañou unha prata no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón e outra prata no Campionato Mundial, de novo xunto a Tania Fernández en ambas ocasións.

Palmarés internacional Campionato MundialAnoLugarMedallaCompetición2018Vila Verde () BronceK22019Shaoxing () PrataK22021Pitești () PrataK22022Ponte de Lima () OuroK22023Vejen () PrataK2Campionato Europeo AnoLugarMedallaCompetición2019Decize () PrataK22023Slavonski Brod () BronceK2

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tania Fernández García

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no Grove Categoría:Piragüistas de Galicia