A ditadura de Francisco Franco (tamén coñecida como ditadura franquista, España franquista, réxime franquista ou franquismo) foi o período da historia contemporánea de España correspondente co exercicio polo xeneral Franco da xefatura do Estado desde o fin da guerra civil en 1939 até a súa morte en 1975.O marco temporal (1939-1975) refírese a un período histórico específico da historia de España, aínda que o período de vixencia das institucións da ditadura, desde a súa creación ata a súa disolución, é máis amplo, abranguendo os sucesores de Franco no goberno español ata o desmantelamento do aparato institucional en 1978 coa aprobación da Constitución vixente. A etapa final do réxime coñécese como tardofranquismo. A súa ampla dimensión temporal e a total identificación de Franco co réxime mesmoRodríguez Jiménez, 1997, p. 263 ("El Franco] era, moi por riba das institucións, a peza fundamental do réxime, o réxime franquista, unha ditadura persoal...") fai que a miúdo tamén se designe como era de Franco.
Acabada a guerra, o xeneral instaurou unha ditaduraMalia non ter un rei como xefe de estado, o goberno de Franco declarou oficialmente o país como reino, dada a incongruencia de consideralo unha república. "Reino" é o termo empregado nas Leis Fundamentais do Reino. fascistizadaSaz Campos, 2004, p. 90 ou réxime semifascista.Sánchez Recio (2015), p. 245 (A tese defendida por Payne expresa que, "entre 1937 e 1943, o franquismo constituíu un réxime «semi-fascista», pero nunca un réxime fascista cen por cento. Despois pasou trinta e dous anos evolucionando como un sistema autoritario «posfascista», aínda que non conseguiu eliminar completamente todos os vestixios residuais do fascismo.") Incorporou unha influencia clara dos totalitarismos alemán e italiano en campos como as relacións laborais, a política económica autárquica, a estética, o uso dos símbolosCabrera (2017), capítulo V ou o unipartidismo.Moradiellos, 2000, p. 20Aínda que desde setembro de 1943 o réxime esixiu que os medios de comunicación se referisen ao partido único do réxime como "movemento", que rexeitaba a categoría de partido, na práctica actuou como tal, a Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET y de las JONS). Nos seus últimos estertores o réxime transitou máis próximo ás ditaduras desenvolvementistas,Tusell (1999) («A ausencia dunha ideoloxía definida permitiulle pasar dunha fórmula ditatorial a outra, rozando o fascismo nos anos corenta e as ditaduras desarrollistas nos anos sesenta.») aínda que sempre conservou trazos fascistas, caracterizado pola ausencia dunha ideoloxía claramente definida alén do seu proclamado nacionalcatolicismo.
Nos anos 1940 a ditadura militar afianzouse mediante a represión política e económica da oposición. Unhas 485 000 persoas fuxiran ao exilio.González Madrid, 2012, p. 11 Algunhas fontes afirman que entre 9000 e 15 000 delas terminaron en campos de concentración nazis, das que sobreviviron a metade.González Madrid, 2012, p. 12 Outras acabaron nos campos de concentración franquistas. Os estudos informan de polo 367 000 prisioneiros e entre 150 e 188 campos. Cara a novembro de 1940 había 280 000 persoas detidas nas prisións do Estado.Ruiz, 2005, p. 7González Madrid, 2012, p. 14 Parte da historiografía estima que entre 23 000 e 46 000 persoas foron executadas na posguerra;Carrascal, 2015, p. 293 outra, arredor de 50 000. O total de persoas asasinadas polo réxime por motivos políticos ascendeu a entre 130 000 e 140 000.Sesma (2024)Espinosa Maestre (2010)
Mantívose unha política económica baseada na autarquía. Esta foi provocada pola derrota do Eixe na segunda guerra mundial. Durante ela, a ditadura franquista, malia adoptar unha política oficial de non belixerancia,Russell & Tokatlian (2001), p. 60 («Finalmente, a terceira parte estuda comparativamente os factores internacionais e nacionais que levaron aos gobernos da Arxentina, Chile, España, Irlanda, Portugal, Suecia, Suíza e Turquía a asumir unha posición de neutralidade durante a Segunda Guerra Mundial.») tivo unha participación favorable á Alemaña nazi para a derrota da Unión Soviética. Esta concretouse mediante o envío da División Azul, unha unidade de voluntarios integrada no Exército alemán na fronte oriental que serviu durante dous anos. A colaboración coas potencias do Eixo levou ao illamento internacional tras a derrota destas en 1945 promovido polos aliados no seo da recentemente creada Organización das Nacións Unidas.
Nos anos 1950, no marco da Guerra Fría, a posición xeográfica de España e a ditadura militar acabáronse convertendo en estratéxicos para os Estados Unidos e os seus aliados europeos fronte a Unión Soviética. A alianza de España cos Estados Unidos puxo fin ao illamento internacional do réxime e favoreceu unha paulatina apertura da economía nacional. Esta seguía nuns niveis de desenvolvemento inferiores aos do resto de economías de Europa occidental, que na Segunda Guerra Mundial sufriran desastres similares ao da guerra civil española.
Nos anos 1960 e principios dos 1970 o desenvolvementismo económico mellorou de forma notábel (aínda que desigual) o nivel de vida da maioría da poboación, co que se formou unha clase media até entón case inexistente. O nivel de liberdade persoal e política non aumentou do mesmo xeito. Así mesmo, empezaron as mobilizacións obreiraas e estudantís de oposición á ditadura.
Xoán Carlos de Borbón foi o sucesor designado por Franco para a xefatura do Estado, co título de príncipe de España. Tras a morte deste, na súa proclamación como rei, xurou acatar os principios do Movemento Nacional destinados a perpetuar o réxime franquista. Con todo, non o fixo, aínda que se baseou na armazón institucional franquista para promover a Lei para a Reforma Política, ratificada en referendo. O seu resultado, 94 % a prol da reforma, iniciou a transición á democracia en 1976.
Características
O Caudillo e os seus poderes O principal trazo definitorio do franquismo foi que unha única persoa, o Xeneralísimo Franco —de aí o nome co que se coñece—, acumulou nas súas mans uns poderes absolutos,Moradiellos, 2000, pp. 19-20 como ningún outro gobernante gozara xamais na historia de España.Payne, 1997, p. 6 A Lei de Reorganización da Administración Central do Estado, promulgada polo propio Franco só catro meses despois do final da guerra civil española, así o confirmou ao atribuír ao Caudillo, «invicto e providencial», todos os poderes executivos e lexislativos:Moradiellos, 2000, p. 20.Gil Pecharromán, 2008, pp. 33
dereita|miniatura|Moeda de 5 pesetas cuñada en 1949. No anverso, a efixie do xeneral Franco coa inscrición Francisco Franco Caudillo de España por la G. [Graza] de Dios. No reverso, o novo escudo de España Como sinalou Stanley G. Payne: «Franco sempre considerou o seu propio mandato como «vitalicio».Payne, 2000, pp. 255-256. Nun dos seus momentos máis baixos, declarou enfaticamente a un destacado xeneral nunha conversación privada:
A Franco preocupábanlle menos as cuestións ideolóxicas que a outros ditadores, o que lle permitiu ir adoptando diferentes programas económicos e modalidades de discurso político. No conceptual estaba moi próximo á extrema dereita, e o seu sentido pragmático da realidade é en gran parte un invento de quen fan apoloxía do franquismo. Porén, isto non lle impediu exercer certa habilidade para adaptarse ás situacións que ía marcando a política internacional.Rodríguez Jiménez, 1997, p. 266
En principio, a lexitimidade do poder de Franco proviña da súa designación por parte dos xenerais que encabezaran a sublevación militar contra a República como «Xeneralísimo das forzas nacionais de terra, mar e aire» e como «xefe do Goberno do Estado español» ao que se lle conferían «todos os poderes do Novo Estado». Desa maneira, Franco personificaba a autoridade do exército, «símbolo efectivo da unidade nacional», como se afirmaba nun dos decretos que promulgou.Moradiellos, 2000, p. 12-14
Pero enseguida o xeneral demostrou a súa intención de superar esa categoría de mero ditador militar para asumir outras fontes de lexitimación do seu poder. En efecto, moi pronto demostrou a súa vontade de emular os ditadores fascistas ao proporse a si mesmo como o «caudillo» dunha España «unha, grande e libre». Ao mesmo tempo foise forxando a terceira fonte de lexitimidade: ser unha persoa enviada pola Providencia Divina para a «redención» e «salvación» da «nación» e da súa relixión, o catolicismo. A caudillaxe como principio de autoridade basearíase, pois, no carisma excepcional dun dirixente exemplar polos seus dotes e capacidades demostradas nunha conxuntura específica: a guerra civil española.Moradiellos, 2000, p. 14
Así, cando esta terminou o 1 de abril de 1939 a lexitimidade do seu poder ficou plenamente confirmada. Desde entón a vitoria na guerra converteríase na fonte última e suprema da súa autoridade indiscutida e do seu dereito a exercer o poder de modo vitalicio. Franco era a persoa que «salvara» España da súa «destrución», polo que tiña «dereito» a rexer con plenos poderes os seus «destinos» durante o resto da súa vida. A inscrición «Francisco Franco, Caudillo de España pola graza de Deus» imprimiuse nas moedas que portaban a súa efixie.Payne, 1997, p. 10 (A opinión popular axiña cambiou a frase "Francisco Franco, Caudillo de España" por unha "graza de Deus") Doutra banda, o «mito da cruzada», a negación da existencia dunha guerra civil iniciada por unha insurrección militar (a contenda fora unha «cruzada de liberación» desencadeada por un Alzamento Nacional), converteuse nun dos nexos de identidade das «familias franquistas».Rodríguez Jiménez, 1997, p. 264
Os «piares» da ditadura A ditadura franquista apoiouse en tres «piares»: o Exército, a Igrexa e o partido único, Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Como o mesmo Franco recoñeceu en privado, eran as tres «forzas» que formaban «a base do Movimiento Nacional».
O Exército, polo menos durante o primeiro franquismo, ocupou cerca do 40 % dos altos cargos da administración e das empresas estatais, e sempre houbo entre 4 e 7 ministros militares.Payne, 1997, p. 10 Ademais, sempre actuou como o garante último da continuidade do franquismo e durante moito tempo foi o instrumento principal na represión de calquera movemento ou organización de oposición á ditadura. Payne, 1997, pp. 15-16A Igrexa católica proporcionou a xustificación ideolóxica, militante e belixerante do franquismo. O partido único FET y de las JONS foi o instrumento clave para organizar os partidarios do réxime, fornecer servidores administrativos fieis e controlar a sociedade civil a través dos seus órganos, como a Organización Sindical, a Sección Femenina e o Frente de Juventudes, entre outros.
O papel das institucións O franquismo non se dotou do equivalente a unha constitución dos réximes liberais ou democráticos, pois Franco sempre se mostrou remiso a promulgar leis que puidesen obrigalo a el mesmo. O que máis lle importou foi conservar intacto todo o seu inmenso poder, do que só era responsábel «ante Deus e ante a historia» -e ante ninguén máis-.Moradiellos, 2000, p. 16. Así, baixo o franquismo a fonte de autoridade foi o propio Franco, non as institucións, e só foi promulgando as chamadas «Leis Fundamentais do Reino» cando o creu necesario para afianzalo. En consecuencia, a estrutura definitiva do sistema creouse lentamente, no período comprendido entre 1942 e 1947. En 1943 constituíronse unhas Cortes totalmente controladas e baseadas no corporativismo, seguindo a tendencia filosófica e política dominante na España da preguerra.