Alien Weaponry é un grupo musical de thrash metal orixinario de Waipu, Nova Zelandia, formado no ano 2010 polos irmáns Henry e Lewis de Jong. A banda está formado por Lewis de Jong (guitarra e voz), Henry de Jong (batería) e Ethan Trembath (baixo).
Discografía Tū (2018)
Estilo musical e letras O primeiro sinxelo de Alien Weaponry, "Urutaa", está cantada parcialmente en lingua maorí e orixinalmente tratábase dun choque de ideas e expectativas que conducían ó estrés e a infelicidade, que se comparaba cunha praga ou urutaa. A letra maorí refírese ós eventos ocorridos na Baía das Illas en 1800 e o que seguiu despois de que un reloxo de peto caese inadvertidamente no porto. O malentendido culminou no masacre de Boyd, uns eventos reais da historia colonial de Nova Zelandia. Segundo o grupo "este incidente é empregado na canción como unha metáfora dos malentendidos que seguen a plagarnos hoxe en día..."
O segundo sinxelo do grupo, "Raupatu" (estreado en febreiro de 2017) é sobre as confiscacións de terra do goberno de Nova Zelandia en 1800 e a inxusta lexislación de 1863 que permitiu que isto ocorrese. O seu terceiro sinxelo, "Rū Ana te Whenua", estreado o 1 de xullo de 2017, refírese á batalla en Pukehinahina/Gate Pa en 1864 onde o seu tatara tatara tatara avó, Te Ahoaho, perdeu a vida.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais formados en 2010 Categoría:Grupos musicais de Nova Zelandia Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Cantantes en lingua maorí