Maximino Montero Barreiro, nado en Zas en 1883 e finado no mesmo concello o 12 de xaneiro de 1970,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-1-1970, p. 13. foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Montero Torreiro. Foi nomeado alcalde de Zas en 1914 sucedendo ao seu pai. Mantívose no cargo ata a ditadura de Primo de Rivera. Coa II República foi elixido alcalde o 21 de marzo de 1931, permanecendo no cargo até o 21 de febreiro de 1936, cando foi destituído logo do triunfo da Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado novamente alcalde o 20 de outubro de 1936, permanecendo no cargo até o 30 de setembro de 1959. Volveu ser alcalde do 5 de febreiro de 1961 ao 8 de xaneiro de 1968.La Voz de Galicia, 21-10-2001, p. L10.
Vida persoal
Casou con Manuela Romero Muñiz e foi pai de Maximino Manuel Montero Romero.
Notas
Categoría:Alcaldes de Zas Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Zas Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes