Joaquim Pla Janini, nado en Tarragona en 1879 e finado en Barcelona en 1970, foi un médico e fotógrafo pictorialista.

Traxectoria En 1923 crea xunto a Josep Desmestres, Salvador Lluch e Claudi Carbonell a Agrupación Fotográfica de Cataluña, da que será presidente entre 1927 e 1930.

Na súa obra apreciase a influencia do novecentismo, traballando diversos temas como a relixón, a familia, a vestimenta e as naturezas mortas, tentando sempre proporcionar ás súas obras as características das obras de arte da pintura. Considérase, tanto pola súa temática como polo emprego de impresións nobres, a goma bicromatada e o bromoleo, como referente do pictorialismo. Por isto foi un dos defensores das técnicas pigmentarias despois da Guerra Civil Española.

Publicou as súas fotografías en revistas como Lux, en 1921, e Art de la Llum, entre 1933 e 1935. Algunhas das súas obras poden atoparse no Museo Nacional de Arte de Cataluña.

Premios e recoñecementos

1930: IV Salón do Xapón e XXV exposición do Salón de Londres 1931: V Salón da Xapón e Campionato británico 1952: Medalla de ouro na Foto bienal internacional da F.I.A.P. en Salzburgo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biografía na Galería de Médicos Cataláns

Categoría:Nados en 1879 Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Finados en 1970 Categoría:Fotógrafos de Cataluña