Cándido Cerreda Pérez foi un empresario e político galego. Foi alcalde de Ourense entre 1873 e o remate da Primeira República en 1874. Traxectoria
O edificio do concello de Ourense veu abaixo durante a súa alcaldía, o 24 de outubro de 1873, por mor do peso dun gran reloxo que se colocou nel para que o reloxo da catedral non fose o único da cidade.. Aquilo provocou que as reunións da corporación municipal tivesen que levarse a cabo en diferentes lugares da cidade até a inauguración da actual casa consistorial en 1890.
En abril de 1906, con 74 anos de idade, matou cunha escopeta un mozo chamado Manuel Santos na parroquia ourensá de Ceboliño. Foi xulgado en febreiro do ano seguinte e condenado a 14 anos e 8 meses de cadea, e ó pago de 4000 pesetas á nai do morto. Cándido Cerreda morreu dous anos despois.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Alcaldes de Ourense
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a I República Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Nados en 1832 Categoría:Nados en Galicia Categoría:Finados en 1908 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos