Antonio Sánchez del Río y López de la Rosa, que cambiou os seus apelidos polo máis sonoro Antonio de los Ríos Rosas,Zapatero, Virgilio, Fernando de los Ríos: Los problemas del socialismo democrático, Madrid, Cuadernos para el Diálogo, 1974, p. 15. nado en Ronda o 16 de marzo de 1812 e finado en Madrid o 3 de novembro de 1873, foi un orador, xurista e político español, presidente do Congreso dos Deputados durante as lexislaturas de 1863-1864, 1865-1866 e 1872.
Traxectoria Ríos Rosas era licenciado en Dereito pola Universidade de Granada e accedeu por vez primeira ás Cortes Xerais como deputado pola provincia de Málaga en 1836. Contrario ás manobras do xeneral Espartero durante a Rexencia de María Cristina, opúxose ao mesmo a partir de 1840. Coa caída do xeneral e a maioría de idade de Isabel II, foi nomeado membro do Consello Real.
Ao longo dos anos evolucionou cara a posicións menos absolutistas e máis proclives cara a un moderantismo democrático, opoñéndose a Narváez na Década Moderada, aínda que tamén se opuxo firmemente ás modificacións constitucionais que se propuñan desde o Goberno do Bienio Progresista, máis próximo á vella doutrina da soberanía compartida entre a Coroa e as Cortes. Coa chegada de Leopoldo O'Donnell ao poder nos gobernos da Unión Liberal, encargóuselle a redacción da Acta Adicional para facer máis liberal a restaurada Constitución de 1845 e foi nomeado ministro de Gobernación o 14 de xullo de 1856 no primeiro goberno, aínda que cesou en outubro do mesmo ano. En 1852 ingresou na Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.
Posteriormente foi embaixador de España en Roma e levou o peso das negociacións para restablecer as relacións diplomáticas coa Santa Sé e pór de novo en vigor o Concordato de 1851. A partir de 1861 foise separando da liña de O'Donnell e en 1863 foi elixido presidente do Congreso dos Deputados nos momentos máis críticos da Unión Liberal, ingresando na Real Academia Española e sendo elixido presidente do Ateneo de Madrid. Durante dous anos foi desterrado polo xeneral Narváez ás illas Canarias.
Tras a caída da monarquía, durante o Sexenio Democrático foi elixido membro do Consello de Estado e mantívose dentro dos moderados afastado das tentacións republicanas e apoiou a elección de Amadeu de Savoia como rei de España. Pero o fracaso desta experiencia e a proclamación da primeira república achegárono ás teses de Emilio Castelar (republicanismo unitario) fronte ás de Pi i Margall (republicanismo federal), moito máis radicais; aínda que discrepaba daquel nas cuestións relixiosas. Morreu en Madrid sen apenas recursos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Nados en 1812 Categoría:Nados en Ronda Categoría:Finados en 1873 Categoría:Reinado de Isabel II Categoría:Presidentes do Congreso dos Deputados Categoría:Embaixadores de España na Santa Sé Categoría:Alumnos da Universidade de Granada Categoría:Ministros do Interior de España