Azotobacter vinelandii é unha bacteria gramnegativa diazótrofa que pode fixar o nitróxeno cando crece aerobicamente. É un sistema manexable xeneticamente que se usa para a fixación do nitróxeno. Son bacterias doadas de cultivar.
A. vinelandii é un fixador de N2 de vida libre que produce moitas fitohormonas e vitaminas nos solos. Produce pigmentos de pioverdina fluorescentes.
O holoencima nitroxenase de A. vinelandii foi caracterizada por cristalografía de raios X tanto no estado unido a ADP tetrafluoroaluminato coma unido a Mg-ATP.. O encima posúe un cluster dos cofactores molibdeno ferro-sulfuro (FeMoco) como sitios activos, cada un dos cales leva dúas estruturas pseudocúbicas de ferro-sulfuro.
Ploidía variable
A. vinelandii pode conter ata 80 copias do seu cromosoma por célula. Porén, isto só se observa en cultivos de crecemento rápido, mentres que nos cultivos feitos en medio sintético mínimo non é poliploide.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Azotobacter vinelandii Genome Project Investigacións actuais sobre Azotobacter vinelandii no Norwich Research Park Cepa tipo de Azotobacter vinelandii en BacDive - a Bacterial Diversity Metadatabase
Categoría:Pseudomonadales