O Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro é un certame organizado desde o ano 2012 polo Concello de Mondoñedo, co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Características
Ten por finalidade honrar a memoria do escritor mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro e colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores premiando a poesía. É un premio a un único poema cunha extensión máxima de 150 versos. Tivo carácter anual até 2023, cando pasou a ser bianual. Obras premiadas Ano 1º premio 2º premio 3º premio 2012 (I edición) Nenia a Manuel Leiras Pulpeiro de Xurxo Martínez González Cicatrices do insomnio de Ramón Sandoval Pérez O corpo indomábel de Olalla López Barro 2013 (II edición) De esmagar descalza de Carmen Pereiras Pérez Nas dársenas do estío de Paulino Peña Álvarez Elexías perdidas de Jacobo Llamas Martínez 2014 (III edición) Mentres o tacto de Eduard Velasco Marchamos de Gonzalo Hermo Renovatio de José Antonio Grela Martínez 2015 (IV edición) Playlist para unha retirada de Elvira Ribeiro Óscar García Ramos Martiño Maseda Lozano 2016 (V edición) De tacto de Míriam Ferradáns Regreso a Ítaca de Modesto Fraga Ofelia sen dó de Antón Fortes Torres 2017 (VI edición) Coleópteros de Lorena Souto Álbum de Emilio Salgado Freire Queiroas de Xosé Ramón Sánchez Varela 2018 (VII edición) Mapa de xeografía emocional de Martiño Maseda Lozano 1(14)1 de Alberte Momán Noval Documentos do escribinte de Jorge Alonso García 2019 (VIII edición) Citerea de Javier Rodríguez González A ferida de Manuel López Rodríguez O heroe de vidro de Branca Trigo Cabaleiro 2020 (IX edición) Inventario dun adeus. Expiatoria de Andrea Fernández Maneiro Antípodada de Paula Luís González Barazas e Sedeños de Rosa María Novoa Vázquez 2021 (X edición) Muiñeira da Pinguela de Lupe Gómez O mapa do pintor de Xurxo Alonso Os amantes de Míriam Ferradáns 2022 (XI edición) O Outro Lado de Xurxo Alonso Na fendedura interna do lóstrego de Tito Pérez Pérez Aposiopese de María Soledad García Riveiro2023 (XII edición)Premio suspendido2024 (XIII edición)Quico Valeiras, por Fóra do propioYolanda López, por CuadriláteroXoán Francisco Pérez Argibay, por Os ollos da Demencia
Notas
Manuel Leiras Pulpeiro Categoría:Mondoñedo