Luís Rivaya Riaño, nado en Santa Cruz do Incio o 19 de febreiro de 1912 e finado en Madrid o 16 de abril de 1976, foi un xurista galego.

Traxectoria Primeiro dos dez fillos do notario Luís Rivaya Llamedo e de Trinidad Riaño Vigil. De pequeno trasladouse coa familia ao Barco de Valdeorras. En 1949 casou con María Isabel Segura Delgado, con quen tivo catro fillos: Luís, María Isabel, Carmen e Ana.

En 1933 licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo, e foi xuíz, avogado e secretario do consello de administración do Banco de Valladolid. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos. En 1933 enviou a Sebastián González García-Paz o traballo "As Tablas de Cossas Notables de Francisco Rodríguez, esquirvano da Rúa de Valdeorras (1598-1638)", que permaneceu inédito até 2009. Escribiu na publicación A Nosa Terra sobre a redención dos foros por parte do estado (1995): "Entre a tentación conformista e o abolicionismo: A cuestión foral durante a Segunda República", en Anuario Brigantino nº 18, páx. 159-164.. Elaborou un «Proxecto de Ordenación xurídico-social da propiedade rústica en Galicia» que asumiu en 1936 o Partido Galeguista (1985): O galeguismo na encrucillada republicana I. Deputación de Ourense.

Na década de 1940 foi vivir a Sevilla, e despois residiu en Madrid. Tras a súa morte, legou parte da súa biblioteca á Fundación Otero Pedrayo. Obra

Panxoliñas de Santiago (1992): Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. 2ª ed. Páx. 705.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía (2008-2009): «Un documentalista desconocido de Valdeorras: Luís Rivaya Riaño y "As tablas de cossas notables de Francisco Rodríguez, esquirvano da Rúa de Valdeorras (1598-1638)"», en Boletín Avriense nº 38-39, páx. 293-320.

Categoría:Nados no Incio Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Avogados do Incio Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos