Camilo Leandro Estévez Puga, nado en Armeses (Maside) o 13 de xuño de 1924 e finado o 2 de marzo de 1997, foi un relixioso galego, bispo da Igrexa Católica Palmariana.

Traxectoria Foi ordenado sacerdote o 17 de xuño de 1951, e até outubro de 1975 exerceu en Rairiz de Veiga e (1976): El Palmar de Troya. Festival del integrismo. Sedmay Ediciones. Páx. 27, 52.. Visitou por primeira volta o Palmar de Troya o 15 de agosto de 1971 e sen deixar a igrexa católica permaneceu próximo aos palmarianos ata que en outubro de 1975 deixou a súa parroquia e ingresou como relixioso na recentemente formada Orde dos Carmelitas da Santa Face o 23 de decembro de 1975. O 11 de xaneiro de 1976 foi consagrado bispo en El Palmar de Troya polo arcebispo Pierre Martin Ngô-Dinh-Thuc.. A Igrexa Palmariana canonizouno e declarouno doutor da igrexa o 4 de marzo de 1997 como San Leandro María da Santa Face e do Neno Xesús .

Notas

Categoría:Nados en Maside Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Bispos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Sacerdotes de Galicia