Xosé Manuel Rodríguez-Abella Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1957 e finado o 23 de novembro de 2018, foi un pedagogo galego.
Traxectoria Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación..
Destacou o seu labor impulsor en proxecto educativos de ámbito municipal e galego como EducaCompostela, a creación da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela ou a posta en marcha Premio Compostela de Álbums Ilustrados..
Era membro de Nova Escola Galega, dende onde traballou para a galeguización do ensino na súa cidade así como a prol da normalización lingüística do galego.
Malia que levaba un ano de baixa por enfermidade, no momento do seu falecemento, profesionalmente ocupaba o cargo de xefe do departamento de Educación do concello compostelán.
Foi incinerado no cemiterio de Boisaca.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Revista Galega de Educación Nº 49 coordinado por Rodríguez-Abella e Mª Belén Caballo Villar.
Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes