Margalit Ruth "Maggie" Gyllenhaal, nada en Lower East Side o 16 de novembro de 1977, é unha actriz de cinema estadounidense. Foi nomeada ós premios Óscar e ós Globo de Ouro en dúas ocasións.
Filla do director Stephen Gyllenhaal e da escritora Naomi Foner Gyllenhaal, e irmá máis vella do actor Jake Gyllenhaal. Tamén ten un medio irmán chamado Luke, que naceu en 2014 froito do segundo matrimonio de Stephen Gyllenhaal. Maggie comezou a súa carreira como actriz nun filme dirixido polo seu pai, e logo conseguiu recoñecemento xunto ó seu irmán en Donnie Darko, unha produción independente que acabaría converténdose en filme de culto. A súa carreira alzou o voo trala comedia romántica sadomasoquista, Secretary, coa que recibiu boas críticas e un nomeamento ós Globos de Ouro. Gyllenhaal elixiu unha gama de papeis diversa, dende filmes independentes como Sherrybaby, polo que tamén foi nomeada ós Globo de Ouro, até comedias románticas como Trust the Man, así como superproducións como World Trade Center e O cabaleiro escuro.
Gyllenhaal é simpatizante do Partido Demócrata e, do mesmo xeito que o seu irmán e os seus pais, apoia á Unión Americana polas Liberdades Civís. Participou nas manifestacións en contra da guerra pola invasión de Iraq en 2003.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia rusa Categoría:Estadounidenses de ascendencia polaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia sueca