Oreo (/ˈɔːrioʊ/ pronunciado en inglés) é unha marca de galletas tipo sándwich creada pola compañía estadounidense Nabisco, unha división de Mondelēz International Inc. e Kraft Foods, caracterizada por estar constituída por dúas galletas circulares unidas por un doce cremoso no centro. As oreos orixinais eran de galleta de chocolate negro forte e crema de vainilla, aínda que na actualidade existen multitude de variedades, mantendo o estilo básico de deseño e preparación.

De acordo con Kraft Foods Company, considérase como unha das galletas máis vendidas nos Estados Unidos e distintas partes do mundo. En marzo de 2012, a revista Time informou que Oreos estaban dispoñibles en máis de 100 países diferentes, onde os Estados Unidos, a China, Venezuela, o Canadá e Indonesia completan os 5 primeiros países en termos de vendas.

Etimoloxía Descoñécese a orixe do nome de Oreo, pero existen moitas teorías, incluíndo as derivacións da palabra francesa 'Or', isto é, ouro, ou a palabra grega 'Oreo', que significa fermoso, agradable ou ben feito. Outra teoría é que a galleta foi chamada Oreo porque era curto e doado de pronunciar.

Historia A "Oreo Biscuit" foi creada en Chelsea, Manhattan, Nova York no ano 1912 pola National Biscuit Company (hoxe coñecida como Nabisco), e introducida no mercado o mesmo ano. Na actualidade, este mesmo bloque da Avenida onde se creou coñécese como "Oreo Way". A primeira Oreo vendeuse o 6 de marzo de 1912 a un tendeiro en Hoboken, Nova Jersey. O nome Oreo rexistrouse por primeira vez o 14 de marzo de 1912.

Lanzouse como unha imitación da galleta da competencia, Hydrox, que fora introducida en 1908, e producida por Sunshine company, que despois de rexistrar perdas de mercado ante Oreo, foi retirada en 1996. O deseño orixinal da galleta contou cunha coroa de flores arredor do bordo da galleta e o nome "OREO" no centro.

A Oreo Biscuit foi rebautizada en 1921 como "Oreo Sandwich". Introduciuse un novo deseño en 1924. En 1948, o sándwich de Oreo foi rebautizado como "Oreo Creme Sandwich"; que foi cambiado en 1974 a "Oreo Chocolate Sandwich Cookie". O actual deseño de Oreo desenvolveuse en 1952 por William A. Turnier, para incluír o logotipo de Nabisco.

No caso do recheo da galleta Oreo, este foi desenvolvido polo director científico de alimentos de Nabisco, Sam Porcello. Porcello celebrou cinco patentes directamente relacionadas co seu traballo nas Oreo. Tamén creou unha liña de galletas Oreo cubertas de chocolate negro e chocolate branco. Porcello retirouse de Nabisco en 1993.

A comezos de 1990, os problemas de saúde impulsaron a Nabisco para substituír a manteiga no recheo con aceite vexetal parcialmente hidroxenado. A partir de xaneiro de 2006, as galletas Oreo substituíron a graxa trans na galleta con aceite vexetal non hidroxenado.miniatura|Formato externo de cookie.|centro Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial da Nabisco sobre as galletas Oreo

Categoría:Empresas de alimentación