Munia Froilaz (Monia Froylaz), nada en Traba (Laxe) cara a 1080 e finada despois de 1147, foi unha nobre galega da Baixa Idade Media, pertencente á familia Froilaz-Traba. Traxectoria alt=|esquerda|miniatura|300x300px|Igrexa de Pedroso Filla de Froila Bermúdez de Trasancos e a súa segunda esposa Dona Lucía, e irmán, entre outros, do Conde de Galiza, Pedro Froilaz e do bispo de Mondoñedo Gonzalo Froilaz.
Herdeira dun importante patrimonioCAL PARDO 1984 p. 15, Munia Froilaz casou co magnate territorial Paio Méndez, propietario da maior parte das facendas situadas entre Ortigueira e Valdoviño. Deste matrimonio naceron dous fillos, o primeiro, de nome descoñecido, morreu afogado no mar da Xoiva, denominación que recibía naquela altura a ria de Ferrol. Para honrar a súa memoria Munia construíu, xunto ao seu marido, un mosteiro baixo a advocación de San Salvador na vila, herdada do seu avó Bermudo, chamada Vineola e que hoxe é o o lugar de Pedroso. Paio Méndez non chegou a ver rematado o mosteiro pois faleceu arredor do ano 1110, xa ben avanzada a obra, testando a favor da súa esposa, que investiu o legado na finalización do cenobio. A este Mosteiro de San Salvador de Pedroso, finalmente fundado no 30 de xuño de 1111, Munia Froilaz doou xunto aos seus irmáns (os bens dos Froilaz estaban mancomunados e requirían do común consentimento para a súa cesión), extensas propiedades recollidas no acta fundacional do mosteiro. Este documento foi asinado tamén por algúns dos máis destacados señores, laicos e relixiosos, da época, como Diego Xelmírez bispo de Compostela.
Nos anos seguintes, o mosteiro recibiu abondosas doazóns do clan Froilaz e no ano 1120 o rei de Galiza Afonso VII concedeulle un couto xurisdicional que el mesmo ampliou no ano 1128. Os dous documentos de acoutamento van dirixidos polo monarca directamente a Munia Froilaz, testemuñando no documento o afecto que sentía por ela. É moi posíbel que esta tivese tido contacto co rei durante a súa infancia, pois esta transcorreu baixo a protección dos Traba e dentro dos seus dominios.
Nos anos posteriores á fundacióń do mosteiro, e antes do 1114CAL PARDO 1984 p. 21, faleceu tamén a segunda filla de Munia e Paio, Mariña Páez. Munia legou entón todas as súas restantes propiedades ao mosteiro de San Martiño de Xuvia e ingresou nel como relixiosa, uníndose á súa irmá Visclávara. Anos máis tarde, no momento no que foron suprimidos o mosteiros dúplices, pasou a residir en Piadela (Betanzos), nunha vila cedida polo bispo Xelmírez. Faleceu entre novembro do ano 1147 e o 1148, sendo sepultada, conforme ao seu desexo, diante do altar maior do mosteiro de Pedroso.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cal Pardo, Enrique (1984): El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Deputación da Coruña. 1984. ISBN 84-505-0120-2 Pena Graña, André (1993): Narón un concello con historia de seu. Concello de Narón. López Sangil, Jose Luis (2005): A Nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Toxosoutos.
Outros artigos
Casa de Traba
Categoría:Casa de Traba Categoría:Nados en Laxe Categoría:Nados no século XI Categoría:Finados no século XII Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Nobres de Galicia do século XI Categoría:Nobres de Galicia do século XII