O voo 9646 de Cubana de Aviación era un servizo chárter operado por un Ilyushin Il-62M, con rexistro CU-T1281, que se esnafrou o 3 de setembro de 1989, pouco despois de engalar do aeroporto internacional José Martí.
O voo 9646 estaba operando un servizo internacional entre A Habana e Colonia, cunha escala en Milán. O accidente matou os 126 ocupantes do avión e 24 persoas en terra.
Accidente O avión engalou no medio dunha forte chuvia e de refachos de vento de 48–80 km/h. A tripulación recolleu os flaps da posición inicial de 30º a 15º, nun intento de gañar velocidade, pero esta acción reduciu a habilidade do avión de proporcionar sustentación. O aparello trepou ata os 53 metros (174 pés), onde foi golpeado por unha corrente descendente que causou que chocase contra o final da pista, golpeando despois unhas instalacións de navegación e un pequeno outeiro antes de esnafrarse nunha área residencial, ao redor dun minuto despois da engalaxe. As 126 persoas a bordo, 115 pasaxeiros e 11 tripulantes, morreron no accidente. Ademais 24 persoas en terra tamén morreron.
Causa Os investigadores atribuíron o accidente do voo 9646 á decisión dos pilotos de voar despois dunha deterioración considerable das condicións meteorolóxicas. O piloto subestimou os riscos de engalar e xulgou mal o rendemento do avión en mal tempo.Gero, David (1996). Aviation Disasters Second Edition. Patrick Stephens Limited. p. 212
Notas
Cubana de Aviación 9646 Cubana de Aviación Cubana de Aviación