miniatura|240px|Pica alpina (Ochotona dauurica). miniatura|240px|Ochotona hyperborea yesoensis.
A dos ocotónidos (Ochotonidae) é unha familia de mamíferos lagomorfos que, na actualidade, só está integrada por un único xénero, Ochotona, que comprende trinta especies (aínda que tamén se coñecen numerosos xéneros e especies extintas).
Son pequenos animais coñecidos vulgarmente como picas, e tamén como lebres asubidoras e coellos de roca (aínda que non están estreitamente emparentados cas lebres nin cos coellos, que forman parta doutra familia de lagomorfos, a dos lepóridos).
Taxonomía Descrición Familia A familia foi descrita en 1896 polo zoólogo briánico Thomas, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1896: 1026.Ochotonidae Thomas, 1896 en MSW.
Xénero actualmente vivente Pola súa parte, o único xénero actual definiuno en 1795 o naturalista alemán Heinrich Friedrich Link, en Beitr. Naturgesch., 2: 74.Ochotona Link, 1795 en MSW., que tomou como especie tipo a Ochotona minor, rebautizando a especie Lepus dauuricus Pallas, 1776 (hoxe coñecida como Ochotona dauurica).
Sinónimos Da familia A familia coñeceuse tamén polo sinónimos:
Lagomina Gray, 1825 Lagomyidae Lilljeborg, 1866 Prolaginae Gureev, 1960
Do xénero vivo Pola súa parte, o xénero Ochotona coñeceuse tamén como: Abra Gray, 1863 Abrama Strand, 1928 Argyrotona Rekovetz, 1988 Buchneria Erbajeva, 1988 Lagomys G. Cuvier, 1800 Lagotona Kretzoi, 1941 Ogotoma Gray, 1867 Tibetholagus Argyropulo & Pidoplichko, 1939 Tibetolagus Argyropulo, 1948
Etimoloxía Familia e xénero Os nomes científicos Ochotona e Ochotonidae, derivan do nome mongol ochodona, co que os mongois denominan ás picas;Ochotona no Merriam-Webster Dictionary. e, no segundo caso, coa adición á raíz do nome xenérico o sufixo do latín científico -ĭidae, co que se forman os nomes das familias de animais.
Nome vulgar O nome común máis utilizado, pica, deriva da palabra piika, usada polos pobos tungús do leste de Siberia para designar a estes animais.pika no Online Etymology Dictionary, que comezou a usarse en inglés en 1827,pika no Merriam-Webster Dictionary. e de aí pasou aos demais idiomas europeos.
Características O aspecto das picas recorda ao dun hámster, pero os dous pares de dentes incisivos superiores identifícanos como lagomorfos, e non como roedores. A súa fórmula dentaria é 2.0.3.2 / 1.0.2.3.
Caracterízanse polos seus membros curtos, os traseiros e os dianteiros da mesma medida, as orellas pequenas e arredondadas, e por careceren de cola visíbel.
O seu tamaño varía entre os 10 e os 30 cm, e o seu peso, entre os 100 e os 200 g.
Bioloxía e ecoloxía As picas son propias de climas fríos, e habitan principalmente en Asia, América do Norte e nalgunhas partes de Europa Oriental.O nome de lebres asubiadoras co que algúns as designan débese ao seu agudo grito de alerta.Viven xeralmente en grupos familiares que comparten as tarefas de recolección de comida e vixilancia.Desenvolven o máximo nivel de actividade antes do inverno. Debido a que non hibernan, necesitan abrigarse e alimentarse durante o inverno. Antes da chegada deste, as picas xuntan herba fresca e a deixan en montóns para que seque. Unha vez que a herba secou, almacénana nos seus tobos para consumila durante o inverno. É común que as picas rouben o feo doutras goridas; en tales casos, as disputas que resultan son ás veces aproveitadas por depredadores veciños como furóns e aves de rapina.Elizabeth Pennisi (2016) Some pikas may soon face a new climate challenge: low oxygen.
Clasificación Xéneros
†Alloptox (Dawson, 1961) †Amphilagus (Tobien, 1974) †Bellatona (Dawson, 1961) †Cuyamalagus (Hutchison & Lindsay, 1974) †Desmatolagus (Matthew & Granger, 1923) †Gripholagomys (Green, 1972) †Hesperolagomys (Clark et al., 1964) †Kenyalagomys (MacInnes, 1953) †Lagopsis (Schlosser, 1894) Ochotona (Link, 1795) †Ochotonoides (Teilhard de Chardin & Young, 1931) †Ochotonoma (Sen, 1998) †Oklahomalagus (Dalquest et al., 1996) †Oreolagus (Dice, 1917) †Piezodus (Viret, 1929) †Prolagus - considerado por algúns autores como membro doutra familia, Prolagidae.Prolagidae en MSW. †Russellagus(Storer, 1970) †Sinolagomys(Bohlin, 1937) †Titanomys(von Meyer, 1843)
Xénero Ochotona: subxéneros, especies e subespecies
Ochotona (Link, 1795) Subxénero Ochotona (Ochotona) (Link, 1795) Ochotona cansus Ochotona cansus cansus Ochotona cansus morosa Ochotona cansus sorella Ochotona cansus stevensi Ochotona curzoniae Ochotona dauurica Ochotona dauurica dauurica Ochotona dauurica annectens Ochotona dauurica bedfordi Ochotona dauurica mursavi Ochotona huangensis Ochotona nubrica Ochotona nubrica nubrica Ochotona nubrica lhasaensis Ochotona pusilla Ochotona pusilla pusilla Ochotona pusilla angustifrons Ochotona rufescens Ochotona rufescens rufescens Ochotona rufescens regina Ochotona rufescens shukurovoi Ochotona thibetana Ochotona thibetana thibetana Ochotona thibetana nangqenica Ochotona thibetana osgoodi Ochotona thibetana sacraria Ochotona thibetana sikimaria Ochotona thomasi Subxénero Ochotona (Pika) Lácèpde, 1799 ''Ochotona alpina Ochotona alpina alpina Ochotona alpina changaica Ochotona alpina cinereofusca Ochotona alpina sushkini Ochotona argentata Ochotona collaris Ochotona hoffmanni Ochotona hyperborea Ochotona hyperborea hyperborea Ochotona hyperborea cinereoflava Ochotona hyperborea coreana Ochotona hyperborea ferruginea Ochotona hyperborea mantchurica Ochotona hyperborea normalis Ochotona hyperborea uralensis Ochotona hyperborea yesoensis Ochotona hyperborea yoshikurai Ochotona pallasi Ochotona pallasi pallasi Ochotona pallasi hamica Ochotona pallasi pricei Ochotona pallasi sunidica Ochotona princeps Ochotona princeps princeps Ochotona princeps figginsi Ochotona princeps saxatilis Ochotona princeps schisticeps Ochotona princeps taylori Ochotona turuchanensis Subxénero Ochotona (Conothoa) Lyon, 1904 Ochotona erythrotis Ochotona forresti Ochotona gaoligongensis Ochotona gloveri Ochotona gloveri gloveri Ochotona gloveri brookei Ochotona gloveri calloceps Ochotona himalayana Ochotona iliensis Ochotona koslowi Ochotona ladacensis Ochotona macrotis Ochotona macrotis macrotis Ochotona macrotis auritus Ochotona macrotis chinensis Ochotona macrotis sacana Ochotona macrotis wollastoni Ochotona muliensis Ochotona nigritia Ochotona roylei Ochotona roylei roylei Ochotona roylei nepalensis Ochotona rutila
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Lagomorfos Ochotona
Ligazóns externas Ochotonidae. Pikas na ADW. Ochotonidae na UICN. Ochotonidae (pikas) no NCBI. Family Ochotonidae Thomas 1897 (pika) en Fossilworks.
Categoría:Lagomorfos